off
Ciencia, Saúde — 6 Outubro, 2014 at 7:16 p.m.

O Nobel de medicina e fisioloxia para tres neurocientíficos

by

Ollaparo_place cellsAcademia Sueca vén de outorgar o premio Nobel de medicina e  fisioloxia aos neurocientíficos que descobriron as partes que integren o noso sistema de orientación: como sabemos onde estamos de maneira que poidamos repetir o mesmo vieiro que nos permita regresar ao lugar de saída. Os premiado son John O’Keefe, do University College London, e a parella May-Britt Moser e Edvard Moser, da Norwegian University of Science and Technology (NTNU), en Trondheim, Noruega. En 1971 observou que unha rata que se desprazaba dun lugar a outro activábanselle unhas determinadas células nerviosas do hipocampo. Cando se desprazaba noutras direccións activábanselle outras. O mecanismo fisiolóxico permitíalle ao rato formarse un plano ou mapa do espazo. Tratábase das “place cells”, así foi como as chamou  O’Keefe “células de posicionamento’.

Trinta anos despois, os Moser,pescudando con ratos, descobriron outro elemento chave para comprendermos o funcionamento deste distema de GPS de noso que, ademáis, funcionaba de xeito integrado co descrito por OKeefe.

A corteza entorínica, que chamaron “grid cells” (  as ‘celulas grella” ou facilitadoras de patrons). Sería aquela parte do cerebro especializada en establecer as coordenadas que nos permiten voltar ao mesmo punto de saída.

Os mapas cognitivos que que se derivan das pesquisas de O’Keefe están a servir  para enxergar  doenzas como neorodexeneterativas como o Alzheimer, a síndrome de Down,  e outros trastornos como a discapacidade intelectual e  a esquizofrenia xa que todas elas presentan alteracións nestes circuito, se ben hai estudos nos que a evidencia apunta diferencias neste sistema en relación ao xénero e a factores socioculturais.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off