off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 5 Outubro, 2014 at 8:14 a.m.

Cargas policiais nunha manifestación no centro de Madrid

by

A policia é antisistema. Só hai que ver como visten ao Darth Vader. Semella un oxímoro, mas tamén ela quere a súa cota de protagonismo nas loitas polo recoñecemento. A polícia é cando malla.”Cumpren co seu traballo” respeitando a xerarquía de mando. É a indignación disciplinada do sistema contra a realidade. A maquinaria pura, simbólica, do poder. Repiten o momento fundador de todo rexime político-ideolóxico, delimítano. Repetición. Porén, é efecto patolóxico dun poder que xa non se basa na mesta rede de crenzas e na simple obediencia dos suxeitos. Mostran a política explícita de expropiación do público, de recentralización das institucions nos procedimentos e nos orzamentos. A democracia española é moi estreita – clase social e antagonismos,  caracter nacional, etc. As diverxencias profundas e o pluralismo de valores, o demos de lexitimidade, está decidido e preestablecido de antemán. Demasiadas inercias as dunha cultura política autoritaria alicerzada no bipartidismo refractario ao pluralismo tanto na dereita como na esquerda española. A falta de un constitucionalismo pragmático o que fica é o cárcere normativo. A acción policial é  a caneta coa que se escribe a imposibilidade que teñen os actores políticos españois, o establishment, primeiro, para definir os problemas e, segundo, para  saber onde atopar as solucións para facelas plausibeis.  O único que se lles ocurre é o que vemos: desentullar a rúa de indentidades continxentes coa caneta da porra. Perante tanta imaxinación non debería estrañar que haxa quen quera liscar.

 

One Comment

  1. Pois parece ser que un dos detidos Luis Ocampo, compañeiro de Doris Benegas membros de Izquierda Castellana, (detida ela tamén) atópase ingresado por Isquemia… resultado da placaxe de varios de estes Robocops ao servizo dos corruptos totalitarios (mafia marca España) contra o chan e logo amordazado cunha cinta arredor da cabeza oprimìndolle orellas e boca… Fascimo Inc

    Namentres os medios mercenarios na Galiza xa teñen outro “talibán independentista” ao que destrozarlle a vida, namentres a presunción de inocencia brilla pola súa ausencia neste caso… esa presunción que esixen ter en conta seus corruptos. Nos “círculos” independentistas isto do terrorismo galaico que non vindica os seus actos violentos din cheira a raposo. Quen cree nada hoxe neste rexime putrefacto e cada dia máis totalitario cando é a casta que manda a policia

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off