off
Educação, Estatísticas e enquisas, Galiza, Política, Saúde, Traballo — 3 Outubro, 2014 at 12:19 p.m.

O peor goberno do Estado ben vale unha maioría absoluta

by
Social Indicators Research
Social Indicators Research

Praza vén de informar que  A poboación galega cre que ten o peor goberno do Estado.  O xornal galego faise eco da  edición do 2013 do estudo publicado na revista Social Indicators Research  do Índice Europeo de Calidade do Goberno. O resultado galego é de -0,404, mentres que en 2010 era 0,667, o que nos situa no último lugar a escala europea.  Até nisto somos potencia. Preguntados pola igualdade no acceso servizos públicos de saúde , educación e tribunais de xustiza ou se neles prevalece a corrupción, os galegos  somos implacábeis.  Talvez sinceros. Non nos gaña ninguén en espetarlle ao goberno de noso que é o mellor no peor. O máis peor. Temos unha baixísima percepción do goberno que nos damos e que unha e outra vez obtén maiorías absolutas.Vangloria dos outros? Experiencia paradoxal do ser galego?Autocrítica ou modestia nosa? Sabermos que temos un goberno que non está á altura e sentir, porén,que non nos merecemos nada millor? Síntoma, aliás, de decidida vontade de cambio? Hase de ver.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off