off
Europa, Política, Politica internacional — 18 Setembro, 2014 at 11:06 a.m.

Alba

by

Scotland. Alba en gaélico escocésScottish, scott e Scot  son tres dos nomes dados polos ingleses ao que os romanos chamaron Caledonia, ao norte do muro de Hadrián. Scot, the Scots (‘os escoceses’). Dia de referendum da independencia en Escocia. Colexios abertos até as 22h para darlle resposta á pregunta, aquí si e agora: Escocia debería ser un país independente?. Longa noite, o escrutinio farase de madrugada.

Como Galiza, unha nación sen estado. Permitide un bocadiño de saudade galeguista, agora que semella se fecha un ciclo na Escocia.

“Ai Armórica, Cornubria e Cambria,

Escocia, Eirín, Galicia  e a Illa de Man,

son as sete nacións celtas,

fillas do rei Breogán”

Até finais de século o sentimento nacionalista en Escocia era máis político do que social (que vos fai lembrar?). Até o 2000 un feudo laborista, sobretodo en Glasgow onde os tories non levantaban cabeza porque a revolución industrial fíxose en Inglaterra e Escocia foi máis obreira do que establishment (que vos fai lembrar?). O sentimento nacional estaba moi espallado e poucos intelectuais- os que non caeran ao seductor e habelencioso chamado da City- o defendían. Tanto é o que mudou neste país para que os inquéritos mostren que están tan axustadas as posicións?Dí o Business for Scotland que por primeira vez na historia o 97% dos eleitores  se teñen rexistrado para iren voltar (agárdase un 80% de participación). Escòcia só representa arredor do 8% da poboación do Reino Unido. Serán as mulleres, o 52% do eleitorado escocés,  as que decidan.

Alex Salmond xa ten gañado. Malia os brindis ao sol de Londres, ofrecendo máis autonomía (devolution max) na derradeira hora. Todo o que traer os resultados serán un gaño, tanto se gaña como se perde, haberá máis cidadanía escocesa.  O caso é que o seu argumentario, xa nos setenta e oitenta, centrábase máis no económico  (recursos naturais e petróleo) do que no identitario. Dende o 99 o Scottish National Party (SNP)  de Salmond tén no parlamento escocés maioría absoluta e plantéxanse se queren poñer data de caducidade á Lei de Unión de 1707 (Union Acts). Día histórico para Escocia. Incerteza tanto na propia Escocia, en Londres e na  UE  e, sobretodo, en Madrid.

Por certo, agora que sabemos que Rajoy, o estado español, está a piques de frear a consulta en Cataluña, convén lembrar o que afirmou David Cameron:” O Reino Unido nunca manterá a un país dentro sen o consentimento deste país”. Moi británico, moi democrático. E diredes, pensaban que gañaría o non, en cambio, no estado español non deixan facer a consulta en Cataluña por medo a que gañe o si, presentando un recurso contra a lei de consultas e o decreto de convocatorias.

 

Ao mellor tamén che interesa:

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off