off
Economía, Globalização, Opinião, Política — 28 Setembro, 2014 at 8:06 a.m.

Exterminen todas as bestas!

by

“Acepta a carga do  Hombre Branco” (Rudyard Kipling)

Ollaparo_encubrimentodeamericaA historia da civilización é a historia do exterminio. Non hai país que na súa expansión non teña practicado o exterminio. O imperio español aniquilando aos indíxenas no Novo Mundo, esa “catástrofe demográfica”. Os armenios a mans do gran bazar turco. As tribos americanas dizimadas polos colonos ingleses. Os negros o Congo pasados polas armas do rei Leopoldo II de Bélxica. A Inglaterra victoriana saqueando Sudán e Exipto. Francia no norte da África e Vietnam.A antiga Unión Soviética coas etnias ucranias e outras minorías oprimidas. A Alemania nazi consumando o holocausto xudeo.  Todos estes  países cimentaron o seu poder con matanzas ao grito de exterminen todas as bestas! exterminen todos os salvaxes! O alarido que lanza o maléfico Kurtz no romance de Joseph Conrad “O corazón do negror”  ou “Corazón da escuridade” (Heart of Darkness)
Fechada a era do colonialismo escravista e de rapina, o gadaño prevalece coas formas máis sutís de dependencia económica e asistencial. O mundo do capitalismo global  segue a someter violentamente ao máis débil. A dereita e a esquerda, o sangue dos inocentes fertiliza as novas incursións imperialistas e xenófobas. En Oriente, Israel  coupa e humilla ao pobo palestino. A mastodóntica China asoballa o remoto Tíbet. E  Rusia engole Crimea perante a alegría xeral. Tres casos, distintos e distantes mas con idéntico reclamo: exterminen todas as bestas! (“Exterminate All the Brutes!”)

Porén, entre todas as ignominias da historia, África destaca como continente mártir. Onte como fornecedora de escravos e materias primas para o boom  industrial de Europa. Hogano con esa “solución final” a prazos as barcas (“pateras”) que tratan de chegar á próspera ribeira do mediterráneo. E mañá pola ondaxe de epidemias -antes disentería, pulmonías e doenzas venéreas e agora a sida e o ébola- que están arrasando poboacións enteras. Sen medios, nen recursos, nen infraestructuras, pobos enteros  están á mercé dos gobernos occidentais para sobrevivir.

Unha oportunidade aproveitada polos seus antigos expropiadores  para liderar unha segunda invasión coa divisa da  inxerencia humanitaria. Primeiro como conquistadores de despois  como redentores, o Hombre Branco que di o vate do imperialismo, non acouga.

Estados Unidos vén de anunciar o envío de 3.000 soldados aos países máis castigados polo ébola en misión de paz. De súpeto os muros, os valos, os arames asasaninos e  os elementos de disuasión trasladanse ao embigo do contaxio. Mais non se trata de Plan Marshall ningún, é a lei dos fuertes. Os mesmos españois que cuñaron o termo “liberal” en 1812 tamén inventaron o concepto “campo de concentración” en 1896 en Cuba.
O colonialismo metropolitano é unha hidra cruel do estatismo. Estados frustrados, pobos sen territorio ou nacións sen estado son depredados por estados formalmente constituidos que fan un uso imperialista, agresivo e expoliador do monopolio da forza alén das súas fronteiras naturais. Esas prácticas terroristas xustificáronse históricamente coa teoría da necesidade de “espacio vital”, o famoso Lebensraum hitleriano. Un arremedo daquela desigualdade biolóxica que servía para validar un darwinismo social espurio no ámbito das razas humanas como excrescencia do dereito internacional.

Algo semellante acontede en Oriente Medio, onde a mesma “comunidade internacional” vén de aprobar unha intervención militar para conter os s insurxentes do Estado Islámico (EI) que ameazan a estabilidade dalgúns dos países con máis reservas de petróleo do mundo. Territorios con gobernos monicreques das primeras potencias, desde o Irak proamericano á Siria prorrusa. Nacións que xa foran despoxadas  polo seus   mentores, facéndoas satélites dos seus intereses estratéxicos nunha trama dos seus dirixentes contra os seus pobos.

Heart of Darkness_galNese caldo de cultivo xurdiron os novos bárbaros islamistas que aterrorizan a nosa palerma sociedade  cos seus macabros “axustizamentos”. O mellor para lexitimar represalias de occidente que sirvan para arranxar a última innovación do seu arsenal de armas de destrucción masiva. Mais unha vez a máxima de aquel cainismo orixinal: Exterminen todas as bestas! Con toda xustiza nos escandalizamos antes eses videos que recrean ritos de sangue da pior caste. Indigna a nosa sensibilidade de persoas “civilizadas”.
Porén, entanto a opinión pública segue a ser un alcaoite da opinión publicadas, só accederemos a enxergar unha parte da trama. A que convida a “aceptar a carga do  Hombre Branco”. Con certeza, a veces a  Lei do Talión, semella una avanzo civilizatorio. Un hacker e un soldado purgan severa reclusión de teren ousado pendurar na internet os  exercizos de tiro con misils dos pilotos norteamericanos sobre pacíficos viandantes no masacrado Iraq. Assange e  Manning son os herois que  que romperon a  conspiración do silencio.

Como afirma Sven Lindqvist no  libro do título homónimo que inspirou esta nota no Ollaparo, non é información o que falta mas consciencia: “a poboación educada sempre soubo, con certeza, das atrocidades que foron cometidas e que se cometen en nome do Progreso, a Civilización, o Socialismo, a democracia e o Mercado”. Un criterio que comparte Joseba Sarrionandia no seu magnífico e enciclopédico “Somos como moros en la niebla”, un libro que segue case segredo malia ter recebido ol Premio Euskadi de Ensaio 2011 (ou quizais por mor diso).
Certamente ninguén vai lembrar  que antes de que chegaran os  barbudos carniceiros do  EI houbo unha criminal ocupación militar na zona a cargo de tropas da “comunidade internacional”. Ou que o tiránico rexime sirio utilizou a guerra química contra a disidencia suní sen ningunha censura do seu socio ruso.Nen cando o  islamismo político gañou as eleccións  en confronto democrático, primeiro en Arxelia co GIA e recén en Exipto cos Irmáns Musulmáns, as grandes potencias foron armar a mán asasina que lles cortaría o pescozo sen videos de primeira.
É como se o dereito ao esquecimento tivera eliminado das conciencias a face máis obscena da civilización capitalista e o seu desvergoñado estrabismo ético. Non hai fachenda ningunha en pertencer a unha sociedade coma esta. A esquerda denunciando con toda razón o terrorismo de Estado de Tel-Aviv, cunha man, mentres xustifiza os funcionarios de Moscova  que derruban un avión comercial con case 300 persoas. Encanto haxa explicacións para as atrocidades realizadas por “un dos nosos”, van existir infames Kurtz no planeta pregoando  impunemente,  exterminen todas as bestas!

One Comment

  1. Isto é ao que me refiro cando digo que Occidente entrou na recta final como civilización. E sen ningunha dúbida os tempos que vivimos, e por un tempo prolongado, van ser tempos de dor miseria e morte, pois o que detenta o Poder, xamais o cede, e si o perde, non é porque llo arrebaten, é inevitablemente por fatiga e ruína ante forzas e actores novos.

    OCCIDENTE DURANTE SÉCULOS IMPUXO as súas RELIXIÓNS e as súas FILOSOFÍAS, As súas CONCEPCIÓNS DO MUNDO E os seus MAPAS.
    ACABAR, OUTRAS CULTURAS, OUTRAS MIRADAS, OUTROS DEUSES, ESTÁN Ás PORTAS…
    A Terra converteuse nun pequeno territorio invadido dun extremo ao outro, polo home, e o noso mellor invento, A HUMANIDADE, segue estando como noutro planeta.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off