off
Politica espanhola — 27 Setembro, 2014 at 8:39 a.m.

O President de Catalunya asinou ás 10:30 o decreto do 9-N

by

Convoca ós cataláns o 9-N para decidir o futuro de Cataluña.“A nadie puede asustarle que alguien exprese su opinión con un voto en una urna: Catalunya quiere hablar, quiere votar”, Mas dirixíndose a España.


O goberno  e a maioría das forzas políticas catalanas queren saber o que opina a cidadanía sobre o futuro de Cataluña. O presidente da Generalitat vén de facer formal esa vontade convocando a consulta do 9N. Logo da aprobación do Estatut recortado en aspectos clave,  foise conformando unha clara maioría social que levou a este proceso, xunto ao diálogo, o respeito ao marco legal  e o consenso da forzas políticas.  Mas afirmou ter a maioría social para facer esta convocatoria e pide que a lei de consultas sexa respeitada. Unha consulta de opinión de efectos políticos e non xurídicos, malia ser relevante en termos de cuprimento eleitoral e de mandado do propio Parlament. O decreto soérguese na lei de consultas  non refendárias aprobada polo Parlament co apoio dos deputados de  CiU, ERC, ICV-EUiA, CUP e PSC,106 votos a favor e 28 en contra, e publicada no Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya o 27 de setembro de 2014. Se estivéramos nunha cultura anglosaxona podería interpretarse como legal. O decreto non ten virtualidade ao apelar ás competencias da Generalitat. A resolución do TC recoñecía os referendums non refrendarios sempre que non se configure como un referendum de autodeterminación. Hase de ver como argumenta o TC o ilegalizar un referendum non vinculante.

Soraya Sainz de Santamaría, vicepresidenta do goberno español, afirmou que non se pode facer e non se fará malia ser preguntada que faría o goberno español en caso de se facer todo o proceso. Leu o texto do decreto?  Xa sabemos o que pensa do proceso o vello franquista e home forte da dereita española que o PSOE dos GAL e da corrupción guindou ao poder logo de gañar no 96: Aznar vén de declarar a El Tiempo de Bogotà que o executivo español debe aplicar unha política en Cataluña que  “que delimite, neutralice e acabe elminando” o que é “unha efervescencia separatista forte”. Un goberno que teima en dicir que o decreto non é constitucional e que a consulta non se pode facer antes de que o TC se pronuncie e un expresidente con un pensamento alicerzado en conceptos bélicos tan pouco democráticos non debullan un escenario acaído de negociación. Declaracións desta caste profundizan o desprestixio do  Tribunal Constitucional,  sen credibilidade logo da súa monotorización polo bipartido.

O decreto vén canalizar institucional e legalmente o chamado da sociedade civil visibel nomeadamente a través das campañas da Assemblea Nacional de Catalunya e da Associació de Municipis per la Independència (AMI). Pode seguir negando a realidade o estado español? O estados democráticos deberían saber escoitar as persoas e a vontade política materializada no goberno e nos partidos cataláns. Ao cabo, o problema é político e non de legalidade. O decreto procura unha solución a través do voto. Cando hai bloqueo institucional o único camiño é votar. Marxe de negociación haina sempre, acontece que a falta de proxecto político do PP e do PSOE móstrase no apelo permanente á lei e ao TC. A presidenta do Parlament Nùra de Gisbert declaraba esta mañá a Catalunya Radio que ainda agora se está a negociar. Aliás, até o de agora só houbo advertencias e ameazas do goberno español.Os cataláns agardan un xesto. O abano de opcións é moito máis amplo do que amosado até o de agora.

Praza de Sant Jaume
Aspecto da Praza de Sant Jaume durante o acto de sinatura   @pilarcarracelas

“A nadie puede asustarle que alguien exprese su opinión con un voto en una urna: Catalunya quiere hablar, quiere votar”, afirmou Mas que ademáis de catalán tamén falou en inglés, dirixíndose en castelán á cidadanía española.

TV3_decret9N
© TV3

 

Perante a previsión de que esta segunda-feira o Goberno español presentará un recurso diante do Tribunal Constitucional en contra da Llei de Consultes e da convocatoria do referendum, e,  unha vez este Tribunal teña admitido a  máis que probabel suspensión cautelar,  a Xarxa Referendum 9N, vén de convocar á cidadanía a concentracións diante dos concellos e na sede da Generalitat en Barcelona.

 

Ao mellor tamén che interesa:

Eleccións contra sufraxio

O Parlamento de Catalunya aproba por maioría a lei de consultas que nace coa ameaza do Tribunal Constitucional

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off