off
Cinema — 26 Setembro, 2014 at 8:47 a.m.

Lasa et Zabala, Donostia 2014

by

Un dos intres argardados do Festival de San Sebastián, chegou onte coa estrea  de Lasa y Zabala, de Pablo Malo, unha reconstrucció dende a ficción do caso dos dous membros  da ETA mortos a mans da guerra sucia do Estado a través dos  Grupos Antiterroristas de Liberación (GAL). . Secuestrados en  Baiona en 1983, antes de seren asasinados os dous etarras foron salvaxemente torturados no  Palacio de la Cumbre, antiga residencia do gobernador civil, ben pertiño do Teatro Victoria Eugenia, onde onte se estrenou o filme que sigue o fío da descuberta dos corpos, enterrados en cal e o procedimento xudicial que condenou a policias que excutaron ordes e altos cargos que llas deron. O xeneral da Garda Civil  Enrique Rodríguez Galindo e o gobernador de Guipúscoa de na altura, o socialista Julen Elgorriaga.Tras cumprir uns 5  anos de cadea acabaron sendo indultados polo goberno.  En xaneiro de 1985 atopáronse  os seus restos en Alacant, mas permaneceron sen identificar ata 1995. A  Corte de Estrasburgo avalou as condeas do caso Lasa e Zabala rexeitando as demandas do ex xeneral Galindo, tres ex gardas e o ex gobernador civil Julen Elgorriaga.

As equidistancias 

A valentía de Pablo Malo para ficcionar a impunidade dun estado que se cre por riba da lei ten a dificultade moral engadida de  como perfilar acaidamente, para alén dos feitos, a todos os protagonistas: as dúas víctimas de 18 anos e a contorna de ETA , os torturadores e os políticos. O director afirmou onte que non quixo facer un filme dende o maniqueísmo. As referencias que recordamos de retrato dun  terrorista foi a Cillian Murphy no filme de Ken Loach ” The Wind that Shakes the Barley” e a máis amabel recreación de Brad Pitt  tamén interpretando un membro do IRA en A sombra do diaño. Certo é que é moi dificil non posicionarse. O público donostiarra recibu o filme de Pablo Malo con aplausos.

[youtube]http://youtu.be/Cr8Hi-OwoPg[/youtube]

 

Texto íntegro da sentencia do «caso Lasa e Zabala» El Mundo,26 de abril de 2000

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off