off
Galiza, Movementos sociais, Traballo — 25 Setembro, 2014 at 7:46 a.m.

Desafiuzamento dunha familia en Aríns (Compostela)

by

A compañeira fotógrafa  de Galiza Contrainfo que reportou o desafiuzamento foi ameazada, retida,  e identificada polos antidisturbios mentres cubría o despexo dunha familia en Aríns, Compostela. Calquera medio con ou sen cámara que conta o que está a pasar e que o poder económico-mediático non conta, está exposto a estes excesos. Que se envien antidisturbios a un desafiuzamento a amezar  aos testemuños  é mostra suficiente da ignomínia que arrodean os lanzamentos: o acto de posesión do inmoble é  pura forza. Non sinte vergoña a policia  por velar o despexo dunha familia da súa casa ? A administracón no canto de facilitar solucións para evitalo lanzamento da vivenda (acordo de refinanzamento, de carencia ou dación en pagamento ou a suspensión do prazo procesal ) envia aos antidisturbios.

 A estratexia do legalismo formal contrasta co xesto do bombeiro Roberto Rivas que en declaracións ao Praza afirmou   “Non colaborarei nunca en desafiuzamento ningún; antes deixo de ser bombeiro”. Un acto de  “desobediencia civil e pacífica” ante a “represión” que supoñen algunhas leis cegas ante a realidade: antes foi Aurelia Rey, logo  foron outros, agora unha parella de Aríns que tén tres dias para apañar as cousas e abandonar a  sua casa.

 

 

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=alExhh-z1YU[/youtube]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off