off
Politica espanhola — 23 Setembro, 2014 at 4:30 p.m.

A reforma do aborto pode con Gallardón que presenta a demisión

by

Fai o anuncio só catro horas após Rajoy confirmara definitivamente que retiraba o anteproxecto de lei do aborto, que tiña sido unha das promesas eleitorais do PP. Deixa o ministerio, o escano e os cargos dentro do PP. Gallardón comunicoullo a semana pasada a Rajoy, mas non chegou a deixar redactados os dous recursos de inconstitucionalidade en contra da lei de consultas catalana e a convocatoria do 9-N.

A oposición social á lei e ás portas dun ano eleitoral  como 2015,  nas que se concentran as locais, autonómicas e xerais, o PP escolleu conservar o votante  de centro. As asociacións provida xa anunciaron que rerirarán o seu apoio ao PP .

A saída de Gallardon pón ao presidente español ditante dunha crise de goberno o mesmo dia que ten previsto ir á China a unha viaxe oficial. Miguel Arias Cañete  foi o primeiro ministro en ir embora para convertirse en comisario europeo ainda que non por incompatibilidade con Mariano Rajoy.

Malia falta de consenso interno, Gallardón prometera prazos adiados para a aprobación do proxecto de lei que non cumpriran. O derradeiro era o fin do verán metereolóxico, que rematou a semana pasada. Soraya Sáenz de Santamaría admitiu no conselleo de ministros que era dificil achar consenso .

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off