off
Movementos sociais, Politica espanhola — 21 Setembro, 2014 at 11:06 a.m.

O Parlament de Catalunya aproba por maioría a lei de consultas que nace coa ameaza do Tribunal Constitucional

by

Os 106 deputados  do bloque promotor da consulta -CiU, ERC, ICV-EUiA e  CUP- e os do PSC  veñen de aprobar a lei máis importante da lexislatura nun pleno de grande expectación. Os  28 deputatos o  PP e Ciutadans votaron en contra co argumento de que non corresponde aos cataláns o dereito a pronunciarse sobre o seu futuro.Mesmo sexa de xeito non vinculante.

A norma catalana para poder preguntara opinión dos cidadáns maiores de 16 anos empadroanos en Catalunya á marxe da súa nacionalidade é un paso adiante no proceso cara o estado próprio que  leva asociado tres citas máis. A convocatoria da consulta; a resolución do recurso que o goberno español presentará ao TC contra a lei e o decreto e que suporá a súa suspensión imediata e a cita eleitoral do 9-N.

Os partidos deberán decidir que farán unha vez o tribunal español free a consulta sobre a independencia e preservar a unidade  de acción.

Para PP e Ciutadans correspóndelle aos españois en conxunto o que o cataláns teñen que ser. Como por preceptiva legal e democráfica non posibel un cambio unilateral das regras de xogo, os portavoces unionistas convidaron aos catalanistas a “seduir e  convencar” ao PP e  ao PSOE. Unha habelencia seductora que os soberanistas acharon en Mariano Rajoy na súa mensaxe por mor do referendum escocés. O que contrastar coa oferta de David Cameron para defronatr o desafío democrático plantexado.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off