off
Política, Politica espanhola — 16 Setembro, 2014 at 11:42 p.m.

A impostura de Margallo

by
Margallo  na inauguración da Igrexa de María Mediadora.Cedeira

Lembrádevos do ministro que veu inaugurar unha igrexa en Cedeira? Si, o ministro de Exteriores, Margallo. Pois o home ben de amezar coa posibilidade de supremer a autonomía catalana pola aplicación do artigo 155 da Constitución. A resposta de sempre: a reducción da democracia  a pura legalidade. Certo é que a civilización  democrática conleva  xustiza e legalidade.  Mas os políticos non están para arruinar ese axioma con outro que nega a realidade cando  transforma o legal na única realidade posible. A realidade é teimuda. Que en democracia todo o que é legal estea permitido non o convirte en xusto e necesario por moito repetir a letanía nen por graza da Constitución. Como é posibel que un goberno democrático que fai parte da UE chegue a plantexarse abolir os dereitos e as institucións propias de máis de 7 millóns de cidadáns para impedir que manifesten a súa  opinión nunha consulta non vinculante?

Talvez o militante das Juventudes Monárquicas Españolas non, mas o doutor en dereito Margallo sabe que a lei non define o que é bo. Os inmigrantes ilegais traballan contractados por honorabeis empresarios a cambio de salarios de miseria e ningún dereito. Que conta máis o instrumento (a lei) ou o obxectivo (equidade, dereitos humanos)?. Madía leva, os inmigrantes son ilegais! Non teñen cidadanía! Tamén son legais as preferentes ou desafiuzar persoas das súas casas. Por iso é unha vaidade e unha impostura contestar co único argumento  da lei contra quen reclama o dereito a decidir ou a independencia.

One Comment

  1. Antom Labranha

    A liberdade de expresión sobre un/s propio/s é un dereito humano fundamental, por moito que un determinado ordeamento legal trate de negalo.

    Na Escocia acaban de exercelo, e decidiron o que entenderon era mellor para si.

    Quen está pòr riba dos pobos?: Un monarca, un cardenal, un fato de franquistas?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off