off
Cultura, Poesía — 12 Setembro, 2014 at 7:20 a.m.

Lúas de Outono, homenaxe a Manuel María

by

O  vindeiro martes 16 de setembro celebrarase  Lúas de Outono, o acto de homenaxe que arredor da data do cabodano de Manual María organiza a Fundación Manuel María de Estudos Galegos na Coruña, cidade onde morou os derradeiros anos da súa vida e na que finaba hai agora dez anos. A homenaxe será  ás 20.30 horas no  Teatro Colón, con entrada será libre até completar o aforo do local,  se ben cómpre retirar previamente a entrada nas taquillas exteriores.

Seis anos de Lúas de Outono

A  Fundación Manuel María de Estudos Galegos hai seis anos que procura ofrecer en cada edición un espectáculo de calidade que  transmita e difunda a figura, obra e pensamento de Manuel María a través de diferentes e orixinais propostas artísticas.

Na edición deste ano esa proposta correrá a cargo da compañía Nova Galega de Danza, a partires de textos do poeta chairego.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: