off
Estado, Europa, Movementos sociais, Mundo — 11 Setembro, 2014 at 2:39 p.m.

Os cataláns queren votar

by

Unha multitude algareira reclama o dereito a votarV xuntou 1.800.000 persoas, segundo  Guàrdia Urbana de Barcelona


 Os cataláns queren votar como queren os escoceses. Seica non é iso a democracia? A incomodidade que iso provoca en quen entende a democracia dente o único parámetro do legalismo ideolóxico, non acaba de comprender que o unitarismo tórnase unha ferramente inútil perante a complexidade social e a vontade organizada da sociedade civil catalana. A diferencia de Escocia, que é un referendum en acordo con Londres -vén de lembrar Salmond- o movimento polo 9N, que nesta Diada tén máis de 550.000 inscritos na formación do V (ás 18:30 a Guàrdia Urbana  fala de 1.800.000 persoas nas rúas de Barcelona o que a convertiría nunha das máis grande de Europa), o movimento liderado pola Assemblea Nacional Catalana e o Òmnium Cultural, amosa que a sociedade civil organizada e liderada a serio, mália a oposición do Estado español, non ten nada a  ver co curtopracismo e moito co cuestionamento da hexemonía para alén do factor simbólico que no dia de onte sirveu para visibilizar que hai unha base social sólida que quere decidir de seu.

Chegado o momento o que ficará desta manifestación de forza colosal será o alcance da resposta politica que se derive . As forzas política teñen agora o problema de como facer un factibel  político que a xente que pagou toda a vida as súas múltas de tráfego plante cara e quera facer unha revolta pacífica. A vontade organizada da sociedade civil real, esa mesta rede de asociacións humanas que compoñen en realidade a riqueza das nacións e dos pobos. Ao cabo, sendo  Catalunya precisamente  quen conta co maior capital social do Estado, convén aprender que logo de ser dilapidado polas próprias estructuras estatais, encamíñase agora a un beco no que será imposibel repoñelo. Porén, a impostura e delirio instalados no Estado e en certa opinión pública española, vena de ofrecer o xornal ABC ao fornecer de protagonismo mesiánico a Artur Mas quen segundo o xornal españolista quere  “adoutrinar 500.000 musulmans para o seu proxecto secesionista”. O propio ABC acabou por publicar fotos de Pujol e Duran i Lleida de hai dous anos como se fosen de 2014.

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘slide'” info=”true” lightbox=”true”]

Ollaparo_Girona_diada2014Girona_plaçadelviEn Girona, coma noutros concellos cataláns, a xornada reivindicativa comezou pola mañá na praza do concello (Plaça del Vi),antes de viaxar a Barcelona

O suceso do V ben merece unha resposta política porque logo deste baño de realidade faise evidente o papel que xoga a  sociedade civil catalana e ponse de relevo máis cá nunca o que xa sabiamos hai tempo, que o referendum non se poderá celebrar legalmente porque o goberno español levará a lei de consultas ao  Tribunal Constitucional (TC) pedindo tamén a súa suspensión. Informa Ara.cat que o economista e activista  Arcadi Oliveres chama á “desobediència civil” se o Estado impide votar. Un chamado ao que tamén apelaron dias antes Oriol Junqueres de ERC e David Fernández das CUP. A sociedade civil catalana interpela ao Estado, aos partidos e á Unión Europea. Como calquera proceso de emponderamento que leve á independencia  o proceso soberanista deberá romper nalgún intre a legalidade española se finalmente non hai consulta e se o Estado non se habén a achar  un vieiro . O paso seguinte serían unhas plebiscitarias.

Sociedade civil? Recuperemos anovado o seu sentido marxista: a sociedade civil, como campo dos antagonismos sociais de agora e de sempre, gañou espazo á sociedade vivil institucionalizada. A mobilización dos que máis poder teñen e da xente que se empondera, a opinión pública e a publicada. Unha nova sociedade civil xurdida precisamente dos envites últimos, paradoxalmente, en democracia e na recuperación do autogoberno. A institucionalización do catalanismo que á oficialidade acrescentou a institucionalización pujolista até o seu acabamento autonomista como parte que fai dun sistema xurdido da Transición que, minado nos seus propios alicerces, atopou na crise económica, na corrupción e nas novas dinámicas de comunicación social,  un plexo de causalidades para o acordar cívico á marxe dos partidos e dun poder establecido que perdeu cotas de arbitraxe. Este emprazamento cidadá pon en evidencia que os partidos pola soberanía respostan ás ambicións da sociedade civil castigada pola crise e os seus antagonismos que, á pregunta que facer? á pregunta pola  independencia, para qué? dou como resposta a ANC, a PAH , o 15M e unha clase media catalanista sen complexos, entre outros.A autoorganzación revelou que esa sociedade civil non sempre está ao ditado das políticas que os partidos maioritarios cataláns levaron a cabo dende hai décadas. Desinhibición democrática radical que se formula  en pedir un estado propio dentro de Europa.Esta por ver o alcance desa nova forma de facer política, se a interpelación ao muro español acha no invés o  muro do catalanismo institucional.

Renan dicia que unha nación é unha grande solidariedade, é dicir, a reserva de valores compartillados por unha sociedade que lle permite manter a cohesión de transfondo que serve para organizar o convívio. Como comentaremos a xogada en Galiza? Será quen a sociedade galega  de recrear, fronte  o mandado do individualismo, unha maior arte asociativa que se plasme nas institucións?
Asemblea Cultural Galega de Barcelona
Asemblea Cultural Galega de Barcelona

 

Fonte: TV3
Fonte: TV3

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: