off
Feminismo, Galiza, Movementos sociais — 9 Setembro, 2014 at 10:45 a.m.

O BNG presenta a táboa reivindicativa contra a violencia de xénero

by

Ao mediodía de hoxe o BNG deu lectura á táboa revindicativa  contra a violencia de xénero nunha concentración diante do Parlamento GalegOllaparo_taboa_violenciamachista_fonteBNGo. A táboa alicérzase en 10 estratexias e accións:  un Plan xeral de coeducación en todos os centros e niveis de ensino, acompañado dun plan anual específico de cada centro (para alén dos obxectivos xerais a medio prazo, debe, baixo o criterio de transversalidade), a  prestación económica garantida durante todo o ano para as mulleres vítimas de violencia con cantidades que posibiliten a súa independencia real e cuxo prazo de solicitude estea aberto durante todo o ano, a dotación de xulgados especializados en violencia de xénero nas cidades galegas,  a inclusión das e dos menores e das persoas a cargo como vítimas da violencia machista a todos os niveis, quer para computaren nas estatísticas, quer como persoas beneficiarias das axudas que existiren, o apoio ao asociacionismo feminino e aposta pola creación de redes locais / comarcais contra os malos tratos, un Plan de formación especial para o persoal sanitario,  un Plan de emprego feminino (cumprimento da promesa do presidente da Xunta de Galiza de desenvolver un plan de emprego feminino), cumprimento da normativa en publicidade sexista, exemplaridade das forzas políticas na loita contra a violencia cotiá e os micromachismos, e o deseño dun protocolo de actuación a respecto do tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off