off
Galiza, Movementos sociais, Traballo — 9 Setembro, 2014 at 8:34 a.m.

A Xunta abandona definitivamente o seu prometido Plan do Naval aos ditados do goberno central

by
CIG Creative Commons
CIG Creative Commons

A CIG vén de facer público un comunicado de prensa sobre o levantamento ás restricións de Navantia e sobre o dique, cuxa construción só depende dunha decisión política do goberno central xa que a  SEPI, accionista de Navantia, ten toda a capacidade para aprobar a súa construción e todo o demais é buscar escusas para non facelo.

O sindicato galego afirma que a Xunta ten abandonado definitivamente o seu prometido Plan do Naval aos ditados do goberno central. Logo da resposta do do Comisario da Competencia en funcións ao pedido de información  sobre a finalización do veto e o financiamento do Dique, a sección sindical Navantia Ferrol afirma que  tanto oGoberno do estado a Unión Europea teñen  interese en informar sobre o texto da pregunta sobre o Dique,  cuestión fundamental para poder entender a resposta.

Estamos pois, ante unha ficticia  confrontación nos medios de comunicación, na que tanto o PP como o PSOE parecen estar máis preocupados en buscar quen é o culpable que afondar na busca de solucións que permitan a construción do Dique

A comunicación de que o veto á construción civil de Navantia-Fene expira o primeiro de xaneiro de 2015, confirma que hai meses que  temos un cartaz á entrada do estaleiro de Fene que indica os meses que faltan para o cese do Veto. Porén, estase a cenificar unha cerimonia da confusión xa que se negan a ver que que o escenario mudou dende o Acordo do Consello de Ministros do día 25  de xullo (asignar ao Ministerio de Defensa a responsabilidade da planificación, dirección e control de Navantia).

A incógnita

Ponse de relevo a incógnita da repercusión do Acordo en cada unha das nas áreas de negocio de Navantia.Segundo a CIG son quen nos está a gobernar quen  maior incerteza crean ao pasar a dirección da empresa ao Ministerio de Defensa. Dificil é acreditar que esta abscrición sirva para potenciar sectores estratéxicos como os da Reparación, Turbinas ou a entrada no sector eólico.  Ainda así, a maior incerteza derívase de como é que en mans de Defensa ha de voltar o asteleiro á construción naval civil

Lembra a central sindical que cómpre non esquecer o papel sedicente da Xunta da Galicia ao ter esquecido o seu Plan do Naval “para defender as posición que lle ditan dende o dende o Goberno Central”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off