off
Galiza, Meio ambiente, Movementos sociais — 6 Setembro, 2014 at 6:37 a.m.

Allariz, 25 anos despois

by

Achegamos unha reportaxe  sobre a Transformación de Allariz 25 anos despois da revolta veciñal do verán de 1989 contra a contaminación do Arnoia. Unha proba de que a ollada própria sobre o país é o primeiro paso para mudar para mellor- “coñécete a ti mesmo” dicía Sócrates o que os gregos chamaban epimeleia heautou e  os latinos cura sui, no vieiro que vai do individual ao colectivo, do desprendimento de si  ao retorno a si . De que nos enteramos neste vídeo? Que outra Galiza é posibel cando se multiplican as positividades, aquí e agora. A Allariz rebelde e xenerosa tomou a resolución de non servir máis aos de sempre: ben deixando de votar por eles como votando contra deles ou uníndose contra eles…liberouse. O futuro deixou de ser invisibel. Se algo pode axudar a pensar este acontecemento é que a fórmula para unha verdadeira política de esquerdas non hai que ir a procurala alén senón nesta modesta e fecunda paisaxe alaricana. Porque hai moitos xeitos de servir á pérfida calaña que se gaba das maiorías absolutas que até chega a mudar a lei electoral a súa medida para perpetuarse.  Certo é que a rebeldía non é nada se continua facéndolle o xogo aos que establecen as reglas que debemos subvertir. Ardeu o megáfono, queimáronse gorxas. E non se creou unha aritmética, senón unha dinámica capaz de suplantar as momias do poder.  Un comezo. Pagou a pena. Benzóns.

 

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off