off
Editorial, Estado, Europa, Globalización — 4 Setembro, 2014 at 10:56 a.m.

‘The New York Times’ defende nun editorial a celebración da consulta do 9-N en Cataluña

by
Editorial do New York Times
Editorial do New York Times

Entende o editorial do xornal norteamericando que a consulta é un “testemuño dos valores democráticos”.  O xornal reflexiona sobre as consultas “pacíficas” pola independencia na Europa e verbo  do referendum escocés, expresa que  “Escòcia e o Reino Unido viviron xuntas e en paz dende 1707, partillando un sistema político,unha relixión e un imperio”, mas hoxe  “a globalización e perda do imperio debilitou a identidade británica compartida”. “A independencia non é somentes  sobre temas económicos”, afirma NYT.

O xornal de Nova York alicerza a súa reflexión en que foi a própria Unión Europea, que “fixo posibel que diferentes pobos como os escoceses, cataláns e bascos albisquen a opción de iren sós”.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: