off

Galiza con Catalunya, plataforma a prol do proceso soberanista catalán

by

ANAGG.gzcatA plataforma Galiza con Catalunha vén de lanzar na rede unha recollida de sinaturas a prol do proceso soberanista catalán. O manifesto expresa “a  nossa solidariedade com o povo catalám e o nosso apoio perante os entraves de todo tipo (jurídicos, políticos, mediáticos, policiais) que interpom o Estado Espanhol. Em particular, manifestamos o nosso apoio expresso à celebraçom da consulta de 9 de novembro e o nosso rejeitamento à proibiçom da voz do povo e anima a importante comunidade galego-catalá a se implicar na defesa da consulta e do seu resultado afirmativo, para contribuir à independência da sua segunda pátria, com a confiança de que algum dia participarám na libertaçom da primeira”.

A plataforma Galiza com Catalunya anima a assinar o manifesto em apoio ao referendo democrático que as forças soberanistas catalás tenhem anunciado para o vindouro 9 de novembro. – See more at: http://www.galizaconcatalunya.org/#sthash.9O1ErfVy.dpuf

VénManifesto de solidariedade con Catalunya

O pobo catalán atópase diante dunha das máis importantes encrucilladas da súa historia. Tres séculos despois da perda das súas liberdades nacionais, ten a posibilidade de transformar o marco xurídico e político por vías democráticas, coa convocatoria dunha consulta popular prevista para o vindouro 9 de novembro, que propón construir un novo Estado.

Nos últimos anos, diferentes axentes políticos e institucións negociaron co Estado Español diversas fórmulas de encaixe da Cataluña no marco estatal. Atopáronse con reiteradas negativas e inclusive con ameazas represivas, recurtes e becos sen saída, que demostraron á inmensa maioría da poboación catalá que a única opción é exercer unilateralmente o direito a decidir. Trátase dun conflito propiciado polo rápido crecemento do independentismo e dun auténtico movemento de masas, que é imposíbel de resolver desde as canles previstas pola institucionalidade e legalidade actualmente vigorantes. Ninguén pode decidir mellor sobre o seu país do que os seus propios habitantes.

Somos conscientes de que o camiño non será sinxelo nen doado. O goberno de Madrid xa anunciou a súa decisión de prohibir a consulta, amparándose na lexislación herdada dun rexime ilexítimo, nomeadamente a Constitución Española. Afirman unha e outra vez que é imposíbel calquera mudanza deste marco mais, na realidade, poucos pobos do mundo puideron acceder ao exercicio do seu direito de autodeterminación sen antes se desembarazaren do marco legal do Estado que os apreixoaba.

As persoas asinantes queremos transmitir a nosa solidariedade co pobo catalán e o noso apoio perante os entraves de todo tipo (xurídicos, políticos, mediáticos, policiais) que interpón o Estado Español. En particular, manifestamos o noso apoio expreso á celebración da consulta de 9 de novembro e o noso rexeitamento á prohibición da voz do pobo.

Apoiamos tamén o direito do conxunto dos Países Cataláns, con situacións de consciencia política diferentes, a decidiren o seu futuro por un elemental sentimento de solidariedade con todos os pobos do mundo e co seu direito á autodeterminación; mais tamén conscientes de que calquera avanzo na outra beira da Península redundará no noso propio beneficio e axudará a desenvolver o movemento pola nosa liberdade.

Ademais, a cuestión nacional revelouse como o auténtico calcañar de Aquiles do espurio rexime instaurado na Transición, de forma que se constitúe como o principal vector de ruptura do sistema en todas as súas dimensións, desde a anacrónica continuidade da monarquía até as mellores perspectivas para a liberación social, o cuestionamento da Unión Europea ou o avanzo en mais direitos individuais e colectivos. Se o Estado Español rompe por fin, todo estará aberto e en xogo de novo, a comezar polas liberdades nacionais de Galiza e Euskal Herria.

As asinantes queremos tamén animar a importante comunidade galego-catalá a se implicar na defensa da consulta e do seu resultado afirmativo, para contribuír á independencia da súa segunda patria, coa confianza de que algún día participarán na liberación da primeira. – See more at: http://www.galizaconcatalunya.org/#sthash.GJDj473E.dpuf

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off