off
Cedeira, Educación, Galiza, Historia — 3 Setembro, 2014 at 12:52

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

por

Un exemplo da visión ilustrada dos nosos emigrantes. E tamén da xenerosidade (poderemos acaso afirmar que é unha das virtudes da Luces malia o tempo túzaro, tan cínico, que nos toca vivir?). As escolas de americanos ateigaron Galiza de espírito ilustrado. Ainda que se denominaran de “instrucción e beneficiencia” foran encoraxadas por un fólego liberador  que  procuraba o grande cambio do país dende o lugar da emancipación que na altura era a escola. A exposición, que xa pasou por varias vilas, recalou en maio no  Liceo de Betanzos e  en Fontelo, Santa María de Ois  (Coirós, Betanzos) chegando con setembro á Casa da Xuventude de Ares para quen se queira achegar.

A exposición é unha producción do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia é un proxecto comisariado por  Vicente Peña  que  subliña ” a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América” e “as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes”.

A parcería do Consello da da Cultura Galega e  a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia ten  permitido levar a cabo un traballo de investigación e recuperación sobre a emigración en América e  a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes que se pode consultar en As Escolas da Emigración. Moitas das sociedades promotoras defrontaban a merca  do terreo  e a construción de edificios nova feitura. Como é o caso, entre outras, do “Palacete Escolar” alentado pola Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cedeira Piñeiro (A Chousa,1927) e das promovidas pola  Sociedad de Instrucción y Beneficencia Progreso de Esteiro   en Sisalde no ano 1931  e  en  Saá no 1924.  De grande interese a nota escrita na postal impresa  que promocionou o “Palacete Escolar de Piñeiro”:

 “Palacete Escolar construido por la Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Cedeira en la Habana. Funciona en la Parroquia de Piñeiro, Cedeira. Esta obra altruista y bella, debe servir de estímulo y propaganda para todos los naturales de la comarca cedeirense y muy especialmente a los residentes en Cuba, por haber contribuido a fomentarla; para continuar cesta labor de amor a la Patria, redimiendo y dignificando con estos elevados y fehacientes testimonios, la tierra natal, por medio de la enseñanza de la generación actual y las venideras”.

Fondo gráfico do Arquivo da Emigración Galega

Baixa o Catálogo ampliado e revisado da Exposición “Luces de Alén Mar”

 

Ao mellor tamén che interesa:

Escola de Esteiro

Adeus á escola pública

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: