off
Política, Politica espanhola — 2 Setembro, 2014 at 12:44 p.m.

Montoro e @PPopular utilizan o caso Pujol para descualificar o soberanismo

by

Montoro non aplicou o mesmo raseiro e  pretensa  exixencia de transparencia e  contundencia nocaso Pujol  da que ten amosado cos BárcenasGürtel, Matas, Noos ou  Zarzuela.

Visita de Pujol a Cedeira
Visita de Pujol a Cedeira

O que amosa que o PP continua tirando dos alicerces do Estado para perseguir adversarios e non para perseguir o fraude fiscal que no estado español é das grandes empresas e fortunas, até o 72% , mentras o esforzo fiscal alicerza nas rendas do traballo.

Velaquí o que dixo, facendo extensivo o caso  Pujol a outros políticos de  Convergència -e non só ao fillo-: “É lóxico que os cidadáns se pregunten se esta forma de querer e enxergar Catalunya está avalada por outros dirixentes do seu partido e se o herdo político e os seus herdeiros non estarán realmente contaminados por aquesta presunta herdanza que o señor Pujol puxo en lugar seguro en Andorra”.

Montoro, ministro de Facenda, vén de confirmar que o expresident da Generalitat non se acolleu á amnistía fiscal e que o Estado procederá como acusación no caso Pujol.

Esquerra Republicana, parceiro de CiU no goberno da Generalitat  celebrou a aprobación por unanimidade dos grupos de cursar a solicitude de comparenza do President Pujol no Parlamento:  “O presidente  ten de comparacer. Cómpre limpar”.

‘hoxe é un dia triste pola decepción xerada por quen foi presidente do país durante  maís  de vinte anos, más tamén é un dia positivo para a democracia, é o intre de rachar silencios e voltar ao  espírito público da política, é  momento de construir un novo país con unha nova política, unha democracia nova e limpa”

Da queda de Pujol, o soberanismo non tén  culpa por moita presa que  teñan algúns en enterralo. Fica aberta a veda.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off