off
Política, Politica internacional — 29 Agosto, 2014 at 9:55 a.m.

Tropas ucranianas bombardean áreas residenciais segundo vén de informar a ONU

by

O presidente ucraíno, Petró Poroixenko, informou  que  “Houbo unha incursión de forzas rusas en territoro ucraniano”.


Foto supostamente tirada hai 5 dias pola ONU a supostos carros de combate en territorio ucraíno

A ONU vén de afirmar que forzas do goberno ucraino son responsabeis “de algunhas das víctimas e danos causados” logo de bombardearde xeito indiscriminado  zonas poboadas a últimas semana. O úlimo informe dos observadores de dereitos humanos da ONU documenta as violacions que tería cometido o exército para recuperar o control de areas que estaban en mans dos rebeldes pro-rusos. A OTAN calcula que un milleiro de soldados rusos enrolaron nas filas rebeldes.Violacións dos dereitos humanos polas dúas partes.

O presidente ucraíno, Petró Poroixenko, informou onte do que temian hai tempo: “Houbo unha  incursión de forzas rusas en territoro ucraniano”. Para a  ONU os rebeldes  non repararon colocar obxectivos militares dentro de zonas residenciais.

O ministro de Exteriores ruso, Serguéi Lavrov, definiu onte como “conxeturas” as acusacións da OTAN e  Ucrania e a OTAN sobre a entrada de tropas regulares rusas no leste, reclamando a “retirada das forzas militares ucraínas como única forma de salvar a poboación”.

The Guardian recolle a reacción de Obama facendo  de Rusia única  responsabel da escalada de violencia en  Ucrania. Aínda que descarta acción militar norte-americana, mas dí que as accións de Moscova traerán “mais custos e consecuencias” para a Rusia. Porén, é a Rusia a única responsabel desta escalada? TAmén houbo un dia en que  Iraq tivo armas de destrución masiva…e provas ningunha.

Un conflito con fundo do que non fala a imprensa

Convén precisar antes de nada que non é Rusia quen ten bases militares cercando territorio estadounidense. EUA é o estado máis armado do mundo e arrastra o esgotamento das clases populares e do coste humano que supón andaren enleados en  moitos conflictos bélicos (de aí a teima de Obama por sair de Iraq e Afganistán). O complexo industrial militar  precisa de novos mercados logo da queda da URSS. Para iso está a OTAN.  Nesa liña de cerco de EUA a Rusia, o Pentágono quere a Ucraína na OTAN mália o pacto de non facelo logo da queda a Unión Soviética. Mais unha cousa: Ucrania é un estado formado por varias nacións que non se federalizou e que ilegalizou o  Partido Comunista ucraíno.

Carlos Taibo, estudoso das transicións na Europa central e oriental contemporánea, reflectia  hai  uns meses no libro “Rusia frente a Ucrania.Imperios, pueblos,energía” como as accións e movimentos das potencias occidentais foran erguendo un cerco pouco amigábel sobre Rusia (entre outras, a provocación innecesaria da entrada dos países bálticos, Hungría, Polonia, Chequia ou Eslovaquia, na OTAN). Unha potencia que non pode ser simples potencia rexional pola súa feitura xeoestratéxica e fonte de hidrocarburos. Porén, malia tratarse dunha superpotencia con eivas evidentes (estructurais, demográficase e xeográficas, porén, malia o seu potencial), é a única  a quen se ten limitado a súa influencia externa fronte a hexemonía occidental alicerzada, entre outras, nun gasto militar  de varios estados membros da OTAN,tomando cada país por separado, máis alto que o ruso . O libro amósanos unha realidade diferente ao que mostran os medios de incomunicación no relativo ás relacións de Rusia coas potencias occidentais: “da docilidade sen tañeiras do primeiro Yeltsin,colaboración de Putin con Bush Jr., entre 2001 e 2006, e, ao cabo, un confronto moderado que era antes o resultado da arrogancia da política americana que o efeito de unha escolha consciente”.

Nun artigo, homónimo do libro mentado, acrescentaba Taibo:

“Hai motivos dabondo para manter distancia da conduta de todos os axentes nacionais e estranxeiros que operan na Ucraína. O rexistro de laranxas é tan infeliz como o dos azuis: ambos partillan  submisións externas, querencias represivas e oligarcas beneficiários. Mas  non é máis nídio o balanzo atribuido ás potencias ocidentais, que decidiram defender os seus intereses máis atrevidos , e  a  Rusia, que ainda está xogando a carta de un império que impón regras do xogo nos seus países viciños.

Pregúntase o politólogo se a federalización de Ucrania ainda é posibel fronte ao raquítico trato fiscal coas rexións orientais e negativa a federalizar o país. Ao cabo,  para alén da inercia imperial de uns  e de outros, cómpre no esquecer que a zona está supeditada aos intereses norteamericanos coa aquiesciencia e activa participación da UE, “como se Rusia no tiver recebido  agravio ningún  e se comportase como unha potencia agresiva allea a toda contención”.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off