off
Música, Poesía — 27 Agosto, 2014 at 10:57 a.m.

Arredor de Teixido e a súa lírica

by
Ollaparo_mesa de presentación_liricateixidesa
Rafael Useo, Alvaro Porto, Antón Suárez, Xoán Manuel Toxeiro

Con gran afluencia de xente apresentouse  o pasado 22 de agosto o  libro Lírica teixidesa do músico e poeta Xosé Antonio Suárez Aneiros. O acto foi apadriñado polo académico Álvaro Porto Dapena compartindo mesa co historiador local Rafael Usero e o poeta e o ilustrador Xoán Manuel Toxeiro. Entre as intervencións estrenáronse dúas pezas musicais do propio autor: Marcha procesional de San Andrés e Capela da Fame.

Salientou o académico a doble vertente do autor de músico e poeta e ensalzou as cualidades do libro:  popularidade, anque aparente, porque ten a obra moito de cultura clásica e un profundo coñecemento da paisaxe da Capelada, Teixido e a romaría a este Finis terrae. O autor agasalla ao leitor mais do que un libro de poesía: a conciencia da rica materia de Teixido, o cultivo aquilatado do seu acervo oral e popular como lingua literaria.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off