off
Política, Politica espanhola — 25 Agosto, 2014 at 8:57 a.m.

Municipais á carta máis alta

by

Ollaparo_mundo-dogsMoitos dos problemas que arrotaron no estado español coa  crise económica teñen a súa orixe na gramátcia, aquela asignatura que o Miranda Podadera na nosa nenez porfiaba en Prosodia, Ortografía e Sintaxe. O non termos chamado ás cousas polo seu nome está a ser a chave do marasmo imperante . O que acontece coa politica lixo acontece coa Lei de Gresham en economía. Que a moeda doente expulse a boa (cómpre por aquí “palabra” en lugar de “moeda”). Por iso, o que chaman democracia non o é. Como chamaron transición onde había transacción. E até falaban de Benemérita como marca branca de Gardia Civil (mesmo o aquel de civil teríase que ter loitado ). Fogo amigo.

As persoas comúns afixeran á xerga. Esas categorías fan inescrutables os diterios dalgunhas profesións e diviniza os seus titualres perante a xeral perplexidadade. Médicos, avogados e eclesiásticos levan protagonismo no escuro oficio de dicir confuso e dicir confundindo. Sermóns para dominarnos. De aí que segregáramos mecanismos de lexítima defensa, por simple supervivencia. Vostede mente como un vellaco!, Fálame en cristián!, eran algúns dos acessos que os funcionarios estaban autorizados a ter para restablecer certa cantidade de paridade de trato.

E chegou a clase política e mandou arrecear. Xa non é chamar alopecia á vulgar calvice, nen alitose ao mal alento. O que os novos todólogos querían era comungarmos con moas. Así naceu unha nova Babelia onde todo é consumido polo noso ben e no noso nome, mas facíanos cada vez máis pobres, inútiles, miserables e invisibles. O poder non tiña mudanza, nin entrañas. E de tanto latricar polos camiños do consenso e a razón de Estado, houbo un día no que acordamos sen Sanidade, sen Eduación, sen Seguridade Social. Sen atributos, co pior do Estado, case sen Benestar. Eles non foron capaces de prever a crise, mas agora somos informados ex cathedra que para ter éxito hai que facer o harakiri.

Todo isto ben a conto da dobre moral. Nese caso, de como desde o goberno e os seus mariachis se trafica olímpicamente coas palabras. Cualificar de polisemia o que estamos debullando a redor da “elección directa dos alcaldes”, como vén de propor o rexistrador da propiedade en excedencia de Santa Pola (patria chica de Santiago Bernabeu), é alentar unha sobranceira trasnada . Nin directa, nin elección. Roubo político e sabotaxe lingüística. Non hai nin pode haber “elección” cando todo se reduz a coller unha papeleta cunha listaxe pechada bloqueada de dóceis candidadtos xa “eleitos” polo partido no poder. E moito menos “directa” si ademais se concentra no capitán desa alineación o primeiro premio da tómbola que están a pagar os que estamos abaixo.

É só un xogo de suma cero, onde o gañador leva todo. Existe máis capacidade de elección no cupón da ONCE, as Quinielas, a Lotaria ou La Primitiva que naquelas urnas de coña. Con seren todos xogos, polo menos non hai trileiros que muden o dereito a decidir en obediencia debida. Reinventan o Partido Único do franquismo, ainda que como obxectivo en movemento. Porque a teórica separación de poderes (Executivo, Lexislativo e Xudicial) é unha simples fachada do absolutismo imposta polo partido hegemónico dinástico (unhas veces o PP, outras veces o PSOE). Segundo o meu ver, hai un lexislativo que nace da votnade da cúpula do partido que os supostos eleitores refrendan hay un Legislativo que nace de la voluntad de la cúpula del partido que los supuestos electores refrendan submisamente; e do Lexislativo así formado emanan o Executivo e o Judicial, lea Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), fidelizado aos intereses deses mesmos grupos políticos maioritarios. E se sumarmos a estes estratos o Xefe de Estado e das Forzas Armadas, que ten cargo vitalicio, dotado pola inmunidade hereditaria e a pretensión duns concellos controlados polo partido que saque a carta máis alta, temos de novo ao Caudillo e ao Movimiento Nacional.

Non hai nin pode haber “elección” cando todo se reduz a coller unha papeleta coa listaxe pechada e bloqueada de dóceis candidatos xa “eleitos” polo partido no poder

Por iso, é sorprendente que mesmo recoñecidos constitucionalistas como Francesc de Carreras ou Javier Pérez Royo, contrarios á iniciativa monclovita, desenvolvan a súa argumentación disidente sen deterse a cuestionar o termo “directa”. Así que construen o oxímoro perfecto: o desenvolvemento dun discurso crítico de “alto copete” sobre a “elección directa de alcaldes” empezando por dar a súa total conformidade co concepto principal da gran mentira. Xeo ardente.

O socialista Pérez Royo, nun artigo publicado no xornal insignia da grande banca (Basta ya, El País, 22/08) comparou esta aldraxe co cometido no asunto do aforamento exprés de Juan Carlos de Borbón logo da súa abdicación. Nese suposto, lembra atinadamente, o botrón real fíxose pola comunidade do fume de carozo (vía decreto lei), algo que por pertencer ao espírito do “bloque constitucional” podería precisar tratamento de lei orgánica e ser aprobado por unha acrescida maioría. O mesmo que agora pretende o PP coa reforma da Lei Electoral. E desas referencias tira o académico que a única resposta adecuada ao abuso seria a boicotaxe de todas as forzas políticas representadas no parlamento. Sen consideración algunha.

Mas chega tarde o ilustre profesor. Como somos donos dos noso silencios e reféns das nosas palabras, Pérez Royo cae na súa propia cilada. Esquence que ao non se ter oposto o PSOE  a ese aberrante aforamento coroado (ficou do aveso absténdose) axudou a establecer un precedente para a falcatruada que agora está cometendo a Lei de Reforma Electoral do Partido Popular. De xeito que, máis que admoestar o goberno fronte ao despotismo do goberno, o que o catedrático fai é fomentar un consenso co primeiro partido da oposición, a pouco que a vella garda do “clan tortilla” llo suscite. Lóxicamente, o actual secretario xeral Pedro Sánchez ten a última palabra. Pode prometer e promete, que é de moca.

Aínda que o que xa sabemos, en Sánchez luze máis a demagoxia e a fanfarrada mediática que a coherencia democrática. Lémbrese que un das súas “primeirs disposicións” foi exixir aos eurodeputados socialistas eleitos o 25-M que votaran contra a elección de Jean Claude Juncker como presidente da Comisión Europea (CE), rompendo un pacto previo do anterior equipo de Ferraz para que prevalecera da listaxe máis votada. Se ben o lider socialista ten acreditado esforzarse no erro cando é ben sucedido. Porque nesa circunstancia, a “elección directa” do xefe da UE mediante primarias en circunscrición única é un avanzo político. Aos “Junckers” de antes os designaban os xefes de Estado e de Goberno, en petit comité. Algo que non lle impediu propoñer a introdución retrospectiva das primarias para elixir os cargos constitucionais.

A vida segreda das palabras. O que se vende como unha elección directa do alcalde é dar o goberno local a carta máis alta nun lance de taful. O resto son adornos e xogos dialécticos. Tamén o PP se apelida “popular” e o PSOE “socialista” e “obreiro”.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off