O 27 de setembro ás 20:30 horas a película documental A Volta dos 9 de Antón Caeiro. Porén, esta historia vencellada directamente ao pasado recente do Val Miñor, non terá a súa estrea na bisbarra. O Concello de Nigrán negou o Auditorio Municipal a tal fin. Tal e como recolle valminor.info, a concelleira de Cultura, Liliana Silva (PP) comunicou telefonicamente no pasado mes de xullo que o auditorio municipal estaría ocupado todas as fins de semana de setembro, sen interesarse en procurar unha solución alternativa, segundo denuncia Antonio Caeiro, director do filme.
Fonte valminor.info