off
Lendas, Poesía — 21 Agosto, 2014 at 10:12 a.m.

Presentación no auditorio de Cedeira de “Lírica teixidesa”, de Antón Suárez

by

Ollaparo_liricateixidesaO Auditorio de Cedeira acollerá mañá a presentación de Lírica teixidesa. Na mesa estarán contra das sete e media da tarde Álvaro Porto, Rafael Usero, Juanma Toxeiro e o próprio autor, Antón Suárez, quen avanzou a Ollaparo que o proxecto poético do libro, tal como o título informa,   foi o de revisitar poéticamente a “materia teixidesa”.  O texto móstrase así como un percurso de coñecimento polos vieiros do país de Teixido, nos seus mitemas e constantes, procurando o estudo das súas diversas manifestacións antropolóxicas, paisaxísticas e lingüísticas como traballo previo ao momento poético. Unha angueira de  aquilatado e depuración  das emocións no que o reconto silábico está a favor da musicalidade das próprias palabras. O resultado é inequívocamente musical, aspecto que salienta Vicente Araguas no prólogo. 

 

Dándolle tanta importància á musicalidade a a harmonia, a angueira musical de Suárez estará presente no acto con varias intervencións  musicais. A estrea da cantiga Capela da Fame que fai parte do libro e  a Marcha procesional de San Andrés de Teixido, para clarinetes 1º e 2º, frauta traveseira, piano e redobrante,  tamén do próprio  Antón Suárez.

2 Comments

  1. X. Antón Suárez Aneiros

    Xa foi o día 22 do presente, estivo anunciado en varios xornais, no Olláparo e, tamén, en Novas de Cedeira.

    Pensei que andarías por aquí.
    Xa nos veremos.
    Unha aperta.

    X. Antonio Suárez Aneiros

  2. Antom Labranha

    Prara cando é?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off