off
Cedeira, Entrevistas, Mar e Pesca, Ortegal — 15 Agosto, 2014 at 9:29 a.m.

Lucía Villar:”Dende esta Confraría vamos a traballar pra conseguir un aumento das cotas de pesca asignadas os nosos buques”

by
Lucía Villar, primeira muller responsable da Confraría de Pescadores de Cedeira
Cedeira ten por primeira vez na sua historia unha muller ao frente da Confraria.

 

En Vilanova de Arousa saiu elexida Maria Xosé Vales, en Ferrol Isabel Maroño e así até un total de trece mulleres (cinco delas repiten responsabilidade). Para darlle máis voz e aumentar a capacidade decisoria das mulleres galegas no sector pesqueiro, a introdución da muller no mundo laboral deste sector tivo na chegada das redeiras e as mariscadoras un primeiro cambio de mentalidade nas Confrarías posibilitando unha maior visibilidade e  dignificación, aumentado a súa visibilidade e mellorando as súas condicións de traballo. Dende o 26 de xullo a Confraría de Pescadores de Cedeira tamén ten Patrona Maior, Lucía Villar Martínez.

Ollaparo:Nun mundo como o do sector pesqueiro que tradicionalmente foi cousa case exclusivamente de homes, contaba con sair elexida?.O xénero pode supor um feito diferencial na xestión das confrarias?.

Lucía Villar: Estou convencida de que o xénero non supón ningún problema para o meu mandato como patroa maior, presumo de ter un bo equipo no cabido polo cal síntome moi respaldada e non teño dúbida ningunha do seu apoio. Con respeto a se contaba sair elexida, a verdade é que sempre tiven a miñas dúbidas. Finalmente os asociados decidiron que eu fose a persoa encargada de representar a Confraría e neste sentido espero non defraudalos.

Ollaparo: Vostede saiu elexida logo dunha importante viraxe eleitoral após un mandato de 8 anos. Demasiado tempo sen lles consultar aos socios… De quen son as confrarias de Pescadores?.Que papel debe xogar os mariñeiros e mariscadoras nesta confraría cando estes fan valer a queixa de que historicamente sempre foron organismos que maiormente beneficiaron ao armador?.

Lucía Villar: Recoñezo que foi demasiado tempo sen que houbese eleccions. En canto o papel que xogan os mariñeiros e mariscadoras, gustaríame facerlles saber a todos e a cada un dos asociados desta Confraría que atenderei a todos por igual, por ser esa a miña obriga. Quero que teñan claro tanto os mariñeiros como as mariscadoras que eles, xunto cos armadores, son a razón de ser de esta Confraría, e polo tanto, como patroa maior da mesma estarei a sua enteira disposición para o que necesiten.

 …a entrada de España na Comunidade Económica Europa non foi moi favorable para o sector pesqueiro, sobre todo no que se refire as baixas cotas de pesca. Como consecuencia das baixas posibilidades de pesca asignadas o noso país, gran parte da nosa flota esta a desaparecer

Ollaparo: Vostede defronta un mandato respaldada polo grupo que mais apoios obtivo nas urnas logo da inhabilitación por incompatibilidade de Agustin Pérez. Que causas vé vostede nesta virada eleitoral?.

Lucía Villar: A verdade é que eu non vexo ningunha virada electoral. Dende o momento en que se me plantexou, por parte dos asociados, a posibilidade de presentarme como candidata a patroa maior considerei que tiña as mesmas posibilidades de sair elexida que o resto de candidatos. Considero que a xente do mar estaba a buscar un cambio e viron en min unha boa opción para encargarme da xestión da Confraría.

Ollaparo: Pensa compatibilizar a actividade profesional que realizou até o de agora vinculada á actividade pesqueira coa xestión da Confraria? 

Lucía Villar: Teño pensado continuar coa xestión en solitario da miña propia empresa e o mesmo tempo, coa axuda do cabido, levar a cabo a xestión da Confraria de Pescadores de Cedeira. Non me cabe a menor dúbida de que poido compatibilizar perfectamente as duas actividades.

Ollaparo: Unha vez tome posesión do seu cargo como Patrona Maior, cal será a súa primeira intervención .Que é o que máis lle preocupa ?. Que retos futuros considera máis importantes?.

Lucía Villar: O primeiro que farei será poñerme o día, sobre todo no que se refire a actual situación económica na que se atopa a Confraría, a cal descoñezo. Dende o primeiro momento en que tome posesión do meu cargo comezarei a traballar cos distintos sectores vinculados a esta Confraría, escoitando as suas preocupacións e inquitudes e, solicitando reunións cos distintos organismos vinculados co sector pesqueiro.

Dende a Confraría vamos a traballar pra conseguir un aumento das cotas de pesca asignadas os nosos buques, así como para asegurar a continuidade das axudas a paralización definitiva da actividade pesqueira, imprescindibles dende o meu punto de vista, pra axudar os pescadores na transición cara a pesca sostenible esixida dende Europa.

Ollaparo: A Reserva de Interese Pesqueiro Ria de Cedeira foi un dos proxectos principais da anterior corporación,Reserva que ten sido posta en causa logo das polémicas intervencións de Costas na praia e os vertidos fecais na ria.Neste sentido, que proxectos pensa tirar adiante?. Que futuro desexa para a Reserva Mariña?

Lucía Villar: Teño que recoñecer que a situación actual que estamos a vivir estos días cos calamitosos vertidos fecais, onde as praias e as nosa ría vironse moi afectadas, é preocupante. Neste sentido, estudaremos as actuacións que se poidan levar a cabo para que esta situación non se repita.

…a situación actual que estamos a vivir estos días cos calamitosos vertidos fecais, onde as praias e as nosa ría vironse moi afectadas, é preocupante.

Ollaparo: Falemos de Europa. A pesca é un dos sectores máis globalizados pero cun peso importante nas poboacións costeiras que como a nosa conserva as artes artesanais de pesca. Neste sentido cal é para vostede o futuro do fondo europeo marítimo e de pesca artesanal? 

Lucía Villar Teño que recoñecer que a entrada de España na Comunidade Económica Europa non foi moi favorable para o sector pesqueiro, sobre todo no que se refire as baixas cotas de pesca. Como consecuencia das baixas posibilidades de pesca asignadas o noso país, gran parte da nosa flota esta a desaparecer. Neste sentido, considero moi importante as negociacións levadas a cabo en Bruxelas sobre o destino primordial dos fondos europeos. Dende esta Confraría vamos a traballar pra conseguir un aumento das cotas de pesca asignadas os nosos buques, así como para asegurar a continuidade das axudas a paralización definitiva da actividade pesqueira, imprescindibles dende o meu punto de vista, pra axudar os pescadores na transición cara a pesca sostenible esixida dende Europa.

vamos  axudar os pescadores na transición cara a pesca sostenible esixida dende Europa

Ollaparo: Xa para rematar. Foi a principios dos anos noventa cando un comprador de peixe afincado en León, creemos recordar, viñera a caer na lonxa de Cedeira. Aquela novidade creara un problema. Non se pode entender o mundo do mar sen o idioma de noso. Aconteceu que a chegada dun castelán falante levou a prantexar se o idioma do país debía cambiarse ao castelán pola chegada dunha só persoa, cousa que non aconteceu con outro comprador de peixe chegado de Portugal . Pódese contribuir dende a Confraría de Pescadores á plena normalización do Lingua galega?

Lucía Villar: A esto teño que decir, que todos teñen dereito a falar como queiran, pero dende a Confraría non é que poidamos contribuir a falar o noso idioma, debemos facelo. Quero deixar claro que nesta lonxa no se discriminara a ninguén fale o idioma que fale, ainda que, maioritariamente, o idioma que se empregará na mesma será o galego, como ven acontecendo dende fai xa moitos anos atrás. Pra rematar, quixera darvos as grazas por darme esta oportunidade de asi poder manisfestar a miña intencion de gobernar dende a transparencia e a imparcialidade que esta Confraria necesita.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off