off
Cedeira, Historia, Movementos sociais — 14 Agosto, 2014 at 3:26 p.m.

Loureiros pola liberdade

by
Ollaparo_memorial_loureiros
Ás poucas horas de seren depositados os loureiros desapareceran

Veño de colocar media ducia de loureiriños na pedra da “Volta” que homenaxea ás víctimas dos golpistas sanguinarios do 36, nomeadamente aos encarcerados no campo de concentración da fábrica, ao tempo que recoñece o apoio que o pobo lles prestara en tan dramática situación.

Por que loureiros? Porque o loureiro é unha árbore de proteción: cando se remataba unha casa colgábase sobre a porta un ramallo de loureiro para escorrentar os malos espíritos. E é que os malos espíritos, os fascistas, volven andar entre nós e hai que arredalos de contado.
Por otra banda, é unha árbore de resurreción -espiritual-: de cando nenos, no primeiro plenilunio da Primavera -após o solsticio-, íamos con cada noso ramallo de loureiro a celebrar o comezo do novo ciclo de luz e fertilidade, de vida -que foi o que os golpistas sanguinarios lles quitaron. (Agora vaise con palmas. Ben, este é unha asunto comercial e consumista).
Ollaparo_loureiro

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off