off
Meio ambiente, Movementos sociais, Opinião — 8 Agosto, 2014 at 9:18 a.m.

Crónica dunha conxunción astral

by
Foi todo un poema de amor o comunicado de imprensa que onte publicou La Voz de Galicia sobre as reaccións do actual alcalde Luis Rubido,  coincidentes en espazo e tempo coas do ex-alcalde Xosé Luis Vergara para coa convocatoria cívica Contra a Contaminación Impune no rio, ría e praia de Cedeira.
Non vou dar leccións eu, coitado de min, do significado da palabra “política” a quen conta con formación en Dereito. Quen coñece tan ben esta palabra e a utiliza neste contexto informativo dende a posición do seu cargo e responsábel político, dentro dunha organización que obstenta tan grande poder, político e mediático, sabe tamén perfectamente cal é o efecto que quere crear na veciñanza.
Quen agora un ano eran “catro gatos” na defensa do patrimonio natural e da calidade da auga da nosa ría, da nosa praia, agora que prolifera a camada indignada após o gran verquido contaminante de xullo do presente ano convertémonos, afirma quen goberna o noso concello, na versión máis pexorativa da palabra “política”, ten de ser por que agora suman forzas e vontades libres.
a mala xestión e falta de previsión nas política úrbanisticas do pasado están a desprestixiar o presente da nosa ría, da nosa economía, do noso turismo, do noso patrimonio natural.
Fogos de artificio mediático para cambiar o sentido da vista, e moita polvora con  traca final pretendendo algarear a hostalería co gallo de “van acabar con el turismo!”. Isto xa é máis manido, máis de manual. Déjà vu. O resto xa o saben,  “las playas están suficientemente excelentes, no hay contaminación, Cedeira va bien”.
O sorprendente non é o intento de facer fracasar a concentración cívica por parte do Partido Popular de Cedeira, o realmente sorprendente é que Xosé Luis Vergara se sume a ese esforzo tanto no mediático como no doméstico. O certo é que o que se vé non se esconde, á vista de todo turista, de todo veciño está, sexa este hosteleiro ou mediopensionista. A mala xestión e falta de previsión das augas residuais deste concello sumada á mala xestión e falta de previsión nas política úrbanisticas do pasado están a desprestixiar o presente da nosa ría, da nosa economía, do noso turismo, do noso patrimonio natural.
O concello é responsábel da xestíon da estación de bombeo, lugar onde é moi probable que proceda o gran verquido da serie de xullo e non é menos certo que foi Xosé Luis Vergara quen sendo alcalde recepcionou a depuradora. Se non era apropiada porque fixo tal?.
Os comunicados do PP e PSOE dende logo así sumados nun conxunto son un recorte de prensa digno de recordo, un romance inexperado, case un poema de amor. Da acusación de concentración “política” dun político que goberna no mesmo partido que xestionou os asuntos do concello durante case tres décadas á acusación de “sectarios” por quen se autoexclue da suma de forzas e vontades de cedeirenses en prol dun ben común.
Fogos de artificio para tapar o que xa non se exconde e moita traca e presión contra concentración cívica pola calidade das augas da ría, rio e praia de Cedeira.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off