off
América, Educación, Estado, Opinión, Política — 3 Agosto, 2014 at 9:51 a.m.

Sen choio, sen casa e agora tamén sen universidade

by

“O Estado perde 11.839 millóns ao vender Catalunya Banc” (tirado da imprensa)

Tanto ten, todo o Reino de España fede. A corrupción arreza. Por toda parte, calquera partido político agocha un latrocinio na faltriqueiraou está a pensalo. O ex presidente balear e ministro do PP Matas entrando no cárcere por trafego de influencias, e o seu colega de Castelló Fabra na lista de espera, pola dereita nacional, entanto os 45 de Gürtel, Bárcenas e os sete ananos e o pío Cotino camiñan en idéntica formación. E naasa catalanista, o “molt honorable” Pujol e a súa estraña familia, pura corporación Corleone con barretina, saca os seus devanceiros da pichoca para xustificar o pantasma da fortuna de 137 millóns de euros agochada desde tempos inmemoriais. Porén, na sedicente esquerdanon son cañotos, mas ao xeito progresita. Logo da revelación das sicavs do clan Cañete-Valenciano -Meyer e pendentes de que a xuíz Mercedes Alaya parachute ao Supremo ós ex presidentes daa Junta, Chaves e Griñán, o novo secretario xeral do PSOE, un tal Sánchez, que pasará á historia por ter inaugurado a etapa do teleprompternos discursos políticos, lembrounos ao Adolfo Suarez do “podo prometer e prometo”. Foi durante a clausura do congreso onde vai ser referendado por aclamación como novo líder do partido cando afirmou que se chegar ao goberno ha revisar os acordos coa Santa Sé, derogará a reforma laboral e mexeráceo e terra para que a crisenon a paguen os de sempre. Lindas palabras. Todo el adobiado nopódium triunfal polos catro secretarios xerais que no PSOE foron. A sabermos: o home que na transición ratificou os privilexios concedidos por Francoao Vaticano (Felipe González); a persoa que perpetrou un golpe de estado económico ao mudar o artigo 135 da Constitución e promoveu co consenso de CCOO e UGT a primeira contrarreforma laboral (José Luis Rodríguez Zapatero) eo individuo que á frente da Comisión de Economía da Unión Europea, primeiro, despois da Competencia, foi o executor doaustericidio ditado pola troika (Joaquín Almunia). E faltabao que entrega oinvestigo, Alfredo Pérez Rubalcaba,o da triste figura, pirixel en todos os mollos reaccionarios dos anteriores gobernos socialistas. Por tanto, home que levou ao partido de Pablo Iglesias ao pior resultado da súa historia, foi despedido con todas as honras polos delegados presentes noconclave. Imaxinan vostedes o que pasaría si en cada empresa, en cada choio desta “piel de toro”, se fixera o mesmo: premiarmos a quen nos arruína? Iríamos de cú. Aliás, se callar iso é o que está a acontecer. Recuamos e progresamos ao xeito, porque os que nos representan son uns cazurros cleptómanos aos que aplaudimos as falcatruadas. Ai esapaifoca militancia socialista que congreso após congreso dí amén ás alloadas dos seus líderes impasible el ademán! Este dúo é quen ten arrasadoo país. Con distinta letra mas coa mesma música e sobre todo cunha mesma vocación: viver do conto. Di a vixente Constitución, e sentenza osisiño común, que todo ciudadá español tén dereito a un traballo digno e a unha vivenda, e que a riqueza  do estado está ao servizo do interesexeral. Porén, nin choio nin casa. Dende os Pactos da Moncloa até as recentes involucións laborais encetadas por Zapatero eafondadas por Rajoy (coa complicidade de CCOO e UGT na etapa socialista), todas foron manobras para abaratar os soldos, empeorar as condicións de traballoe pauperizar o emprego. Seis millóns de desempregadose unha masiva emigración de novos talentos (a nova cara do exilio político) están a fitar para nós. ¡España va bien! Certo é que até hai ben pouco houbo quen tiña o seu anaco de vivenda própria ou o colchón da familia para ir tirando. Daia suposta milagre de que con unha taxa de desemprego do 26% a poboación activa (case o 60% entre os menores de 35 anos) a rúa aínda non sexa dinamita.Alén do cortalumes que se lleatribúeá economía somerxida, na que, por certo, non adoita inserirse os cartos evadidos pola casta dominante aos paraísos fiscais. Mais iso tamén liscou e agora son as magras pensións dos avós as que terman da vida . Os nosos representantes decidiron ofrecer novos xacementos de usura á banca amiga, que todos os anos perdoa millóns de euros aos partidos, a través da trama das hipotecas lixo e as preferentes. Un choio que nono sóinzouo sono imposible de ter ao alcance de todos os petos unha casa en cómodos prazos, senón que ademais deixouo país convertido nunha inmensa formigoneira pola cobiza combinada dos amos das finanzas e a mafia do tixolo. E agora chegou a quenda das nosas universidades, o derradeiro recurso das clases medias para mellorar as condicións de vida dos seus cachorros. Co choio a velas vir e a posibilidade de ter un teito digno convertido nun desideratum, os máis crentes pensaban nos estudos universitarios como salvavidas promoción persoal.

 Os nosos representantes decidiron ofrecer novos xacementos de usura á banca amiga, que todos os anos perdoa millóns de euros aos partidos, a través da trama das hipotecas lixo as preferentes.

Porén, mais unha vez topamos coas pirañas da banca, por mor dos cambios lexislativos introducidos introducidos polos respectivos gobernos do PSOE e do PP para meter os nosos campus no denominado Plan Bolonia, que non mais do que unha maquinación coa queaqueloutrar os estudos superiores ao xeito do mercado. Desta forma, seatécomezo do 2000 facer unha carreira nunha universidade pública en España era factible para moita xente, de agora en diante funcionara un númerus clausus económico que acrecentará ainda máis as xa altas cotas de desigualdade social que a criseprovocou. E todo porque Botín e os da súa curia viron no alma mater unha excelente oportunidade de negocio, tras esquilmar o filón das hipotecas lixoe as trapalleiras preferentes, auténticos buratos negros onde se encontran sumidos millóns de familias. Primeiro subíronse as taxas e mudouse a estrutura académica, introducindo ensinos de catro anos e másteres de un ano.Vendíase asín a idea de que a meirande parte do alumnado tivera unha potente formación troncal, deixando a especialización para aqueles estudantes con maiores recursos para defrontar o maior custo da matrícula e a demora en egresar. Porén, feita a lei polos diferentes ministros de educación do duopolio hexemónico (a excomunista Pilar del Castillo polo PP; María Jesús San Segundo, Mercedes Cabrera e Ángel Gabilondo polo PSOE e José Ignacio Wert mais unha vez pola dereita), feita a trampa.

O proxecto que manexa o actual executivo procura agora deixar os graos en tres anos e os másteres en dous, unha involución catastrófica para as economías máis modestas. A solución, unha vez mais, sempre é a mesma: endebedarse coa banca nesa modalidade que chaman bolsaempréstito. Así, o sistema financieiro español, líder europeo en marxes abusivas de intermediación, non só será o maior caseiro do país senón que aumentara o seu pasivo e ostentará a maior carteira de clientes do mundo entre a xuventude emprendedora. Con este panorama, nos derradeiros dous anos de “boloños” rexistraronse 45.000 matrículas menos nas universidades públicas. Con todo, será o Banco de Santander o gran beneficiado da ”modernización universitaria” argallada polos sucesivos gabinetes socialistas e populares. Pelotazo que converteu un ben de primeira necesidade como era estudar unha carreira nun auténtico artigo de luxo. De feito, a entidade que preside o ínclito Emilio Botín leva anos fagocitando a comunidade universitaria a través da súa rede Universia. Trátase dun potente portal dixital que oferece en exclusiva un rexime de monopolio contidos de todos os centros de ensino superior de España e Latinoamerica perante a absoluta permisividade das autoridades oficiais e académicas.A penetración do Santander nos campus chega até o punto de sufragar congresos internacionais aos que concorren regular emansamente decanos e reitores de todas as universidades. Comparsas eles do botín en curso e tan entregados á causa que xa é tradición que a reunión anual do Consello de Administración de Universia se faga o mesmo día eno mesmo lugar que ten lugar a Conferencia de Reitores Universitarios Españois (CRUE). Dous foros simbióticos que sempre contan coa presenza estelar do banqueiro de banqueiros e zar das “primas únicas” como xeneroso anfitrión.

A penetración do Santander nos campus chega até o punto de sufragar congresos internacionais aos que concorren regular emansamente decanos e reitores de todas as universidades. 

Nesta auténtica “merenda de negros”, con perdón da metáfora, en que converteu o negocio do ensino universitario en España só uns cantos intelectuais se atreven a criticar os designios da banca manumisora. A catedrática Teresa Miras Portugal, presidenta do Comité de Expertos que analizou a situación da universidade, valorou así as consecuencias da reforma en marcha: “O empréstito universitario afundiará definitivamente a clase media” La Voz de Galicia 28/07/14). Eo constitucionalista Roberto L. Blanco Valdés, nun recente artigo publicado un día antes no mesmo xornal, intitulado “Estudiantes: ¡que Bolonia os coja confesados!”, denominando de “cataclismo” amentada reforma e sinalando responsábeis: “A política universitaria –a de Wert e os seus predecesores converteu os nosos estudantes nunhas desvalidas cobaias, que están expostas ao capricho e ocorrencias de Ministros e Gobernos”. No entanto, os medios de comunicación celebraban o éxito do Terceiro Congreso Internacional Universia de Rio de Janeiro con asistencia de balde de 1.103 reitores españois e latinoamericanos, de 33 países. Despois forrarse coas miserias do “corralito arxentino e os réditos da súa paridade monetaria, a inmensa ubre do Banco Santander, a boa madrastra do duopolio dinástico gobernante que patentou a transición, pretende agora captar a decenas de millóns de futuros profesionais das dúas beiras do Atlántico. Xeracións emerxentes de universitarios pilladas no cepo das bolsasempréstitomade in Bolonia. Sen choio, sen casa, sen universidade. Todo para os bankerse os seus sacristáns.  

Trad.GB

 

Rafael Cid Xornalista e analista político. Foi redactor xefe da revista “Cambio 16” e membro do equipo de investigación do xornal “El País”. Premio Ortega y Gasset de xornalismo. Hogano,  escribe en diferentes medios alternativos, comprometidos cos movimentos sociais e o activismo cidadá.É colaborador do xornal “Rojo y Negro” e de Radio Klara.Conferenciante. Vén de prologar olibro “La ficción democrática” (La Linterna Sorda, Madrid 2013)

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: