off
Politica internacional, Portugal — 1 Agosto, 2014 at 11:59 a.m.

Museu da Resistência e Liberdade en Lisboa

by

Instalado na antiga cadea do Aljube de Lisboa abrirá finalmente en 2015. O museo que foi presentado como “un espazo de memoria e de evocación da loita pola liberdade e da resistencia á ditadura en Portugal” non puído ser aberto este ano, a tempo das comemoracións dos 40 anos da Revolución, como estaba inicialmente previsto. “En abril deste ano será unha primeira versión do contido”, informaban ao xornal Publico os responsábeis, informando tamén que aínda non foi designado un director ao espazo.O Aljube foi prisión política desde 1928. Aí eran encarcelados, interrogados e torturados pola policía política os presos do sexo masculino.Nos  40 , o espazo acolleu moitos dos presos políticos durante a fase de interrogatório, que decorria xeralmente na sede da polícia política (PIDE), na rua António Maria Cardoso. No entanto, no estado español a  Lei de Memoria Histórica de España non dá nen para exhumar dignamente ás vítimas, nen para lles devolver ás persoas e institucións a documentación incautada con fins represivos ( arquivo de Salamanca)  nen para retirar dos edificios e espazo públicos os símbolos da ditadura militar.

 

2014/07/25 16.39.04

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off