off
Desporto, Desporto Cedeirense, Ortegal — 12 Xullo, 2014 at 6:24 a.m.

Tarroiba espera

by

O 13 de setembro celebrarase a V edición dos 40 quilómetros a pé  polas Terras de Cedeira. 

“Cedeira a pé” anunciaba o pasado 17 de xuño que na V edición ao millor habería surpresas no percorrido.  En 2013 a andaina comezaba abeirando o interior da ria cara a Robaleira, seguindo a bocarribeira de Esteiro até o Barral para encarar os carreiros a Montemeao e Freixido por vellos camiños de carro entre muros e ribabas, hogano deturpadas por vehículos de tracción e moitos, moitos eucaliptos, e asegurar así a subida aos Candales e aos pasteiros da Braxe, xa na Capelada. Ao fondo a Pena do Viño e o Moles. Cordal da Capelada. Amilladoiros,  herbeiras  e peiraos rente Teixido. Subida aos cantís de Tarroiba, para salvar os  378 m. sobre o nivel do mar e regresar polo Vilar e o monte Eixil até Trasmonte e o Corveiro. O período de inscricións permanecerá aberto dende o 14  de agosto até o 8 de setembro.

 Ollaparo_40km_tarroiba

 

 

Ao mellor tamén che interesa:

O Clube de Remo de Cedeira trunfa no campionato galego de remoergómetro

Campionato provincial de remoergómetro na Malata

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off