off
Politica espanhola — 8 Xullo, 2014 at 4:53 p.m.

Privatización, decretos leis e Picasso na Coruña

by

O abuso da fórmula do Real Decreto-Lei estalle a permitir ao goberno español aprobar normas con rango de lei sen dar conta no plenario das Cortes, o que suprime o proceso democrático dea emendas, o debate parlamentar e as votación e publicidade dos textos legais.Deste xeito, a cidadanía non sabe que decisións se aproban até que se publica no BOE e teñen vixencia. A Constitución limita este mecanismo de aprobación de textos legais pola via rápida para casos de “extraordinaria e urxente necesidade”. No prazo máximo dun mes, o decreto ten de pasar polo Congreso para ser refrendado. Xulgue o lector se no seguinte hai razóns de urxente necesidade  sen pasar polo Congreso , via Real Decreto Lei.

  • O goberno central cede o  Rexistro Civil aos rexistradores da propiedade. A partires do 15 de xullo  serán os rexistradores os encargados deste servizo, até o de agora a cargo dos xuices. A norma asegura que seguirá sendo de balde para os cidadáns, ainda que non estabelece  de xeito nidio canto cobrarán os rexistradores . Malia a mudanza, fica reflectido na disposición adicional 20 e seguintes.
  • Imposto aos depósitos bancariso do 0,3%.Este Real Decreto insire unha cota aos depósitos bancarios. Un imposto que será ingresado ás comunidades autónomas dependendo da zona na que está a entidade ou sucursal. O imposta xa estaba en marcha ao l 0%, para frear o avanzo das taxas que estaban a aplicar en varias comunidades autónomas, para anular a súa efectividade.  Agora póñenlle prezo, 0,03%.
  • Defensa poderá contratar a 200 militares máss.Autorizan a publicación de 200 prazas extraordinarias para oficiais e suboficiais de novo ingreso en 2014. Mália estar conxelada a contractación de empregados públicos, existen algunhaas materias nas que se permite unha taxa de reposición do 10%. Eis o caso do exército. Via aprobación extraordinaria en 2014 convocaranse 400 prazas de nova incorporación
  • Privatización de Aena. A norma insire varias medidas para facilitar o camiño á privatización parcial de Aena, comezando polo nome. Aena Aeropuertos pasa a ser a sociedade mercantil Aena, S.A., cunha porcentaxe de privatización do 49% .Hogano, a entidade pública Aena pasa a denominarse ENAIRE e  será a encargada de supervisar a  xestión dos aeroportos e exercer de intermediario entre o Goberno e a nova Aena. O DORA (Documento de Regulación Aeroportuaria) regulará estas relacións, o servizo e a as taxas, conxeladas até 2025. Entre as condicións , cómpre pór de relevo que a sociedade mercantial non pede´ra pechar aeroportos de interese xeral (42) dun valor de máis de 20 millóns de euros sen autorización expresa do Goberno. Tamén estabelece mecanimos para compensar a entidade no caso de que non acade un mínimo de pasaxeiros.
  • Bonificacións na cota de Seguridade Social para contractos de persoas novas con máis  traballo e menos formación no contracto dual. Segundo anunciou o Consello de Ministros, creouse o rexistro do  Sistema Nacional de Garantía Juvenil, ao que poderán podrán inscribirse os desempregados durante un mes de entre 16 e  25 anos (30 en caso de discapacidade mayir do 33%). o rexitro electrónico agás excepcións e os requisitos incluen ter nacionalidade española ou permiso de residencia e non ter recibido formación de máis de 40 horas o último mes. As empresas que contraten aos participantes de forma indefinida ou cun contrato fixo  discontinuo poderán recibir unha bonificación mensual na súa  cota da Seguridade Social de 300 euros durante seis meses e até o  30 de xuño de 2016. Para acceder ás bonificacións, os empresarios deberán manter o nivel de emprego  xeral e indefinido consolidado coa nova contratación, mas non contarán ceses por causas obxectivas. O que non conta o Goberno español é que creación deste rexitros para novos en paro estará, a partires de agora, vencellado aos incentivos aos contracto duais , de formación e emprego, creados en xullo de 2013. Ademáis, acrescéntase o tempo de traballo destes desempregados, que pode chegar até o 75% (até agora dividíase a metade entre o tempo de formación e o de traballo).
  • O que pagan as tendas po cada transacción con cartón de crédito ou débito tén límite. Nas de débito, a  taxa de intercambio non poderá superar o 0,2% (cun máximo de sete céntimos) e, se  a transacción é menor de 20 euros, non poderá superar o 0,1%. Nas de crédito, estas cantidades son do  0,3% e o 0,2%, respectivamente. As  entidades non poderán pasar ese cargo ao  cliente e deberán informar ao Banco de España desas tarifas, que se publicarán no web.
  • Entre outras razóns de urxente necesidade chega a regulación dos drons, a norma que abre a porta a instalar hoteis e restaurantes en portos do  patrimonio histórico.Até o de agora só se podía facer cos faros. A norma amplía eses  permisos ao resto de instalacions portuarias e o tempo de concesión pasa a un máximo de 50 anos.
  •  Recoñecese a débeda dos case 164 millón pola construcción do gasoducto do Magreb, que seica se  recuperará en cinco ano a razón de 32,7 millóns ao ano.Seica temos dereito a que nos traian o butano á casa.
  • Mais unha cousa, a celebración dos  120 anos da Primeira Exposición de Picasso na Coruña foi declarado acontecimento de excepcional interese público.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off