off
Medio ambiente, Saúde — 8 Xullo, 2014 at 4:23 p.m.

Bolasfeden, o futbol e as crónicas de terraza

by
Sumidoiro abocando ao Condomiñas,agosto 2012.Foto: Gelo do Moure,
Foto: Gelo do Moure, agosto 2012

Ven sendo habitual que as augas do rio baixen emporcalladas, por unha causa ou por outra, mentras  as terrazas vanse inzando devagariño de visitantes e turistas e o futbol semella acaparar as conversas e a xeral atención. Porén, ainda que non haxa olimpiadas, cada verán fítanse sobrantes que van directamente ao rio, a altura da Praza do Peixe.  Nin que haxa mundial e estemos no verán, o mal non acouga! Segundo avanzou o alcalde Luis Rubido  en DF “completar o mapa de separación de augas pluviais e fecais tamén non sería solución definitiva”. En política, máis ainda en xestión ambiental, habería que dicir que solucións definitivas hai ben poucas, e mesmo, en función do contexto, non sempre son as máis desexables. Aliás, hai intervencións prioritarias e outras que non o son tanto, non si? Nesta última ocasión, malia non ser un feito aillado, afirma o alcalde que cando coinciden episodios de forte chuvia con apagóns do sistema eléctrico a estación de bombeo deixa de funcionar.  Esa avaria crítica e estructural, que mesmo é quen de pronosticar o alcalde, é a que provoca  a aparición de residuos en forma de “bolas”. A novidade agora é que non son  residuos fecais, mas “bolas de graxa orixinadas polos xabóns e deterxentes”. Seica as graxas usadas e os deterxentes son menos merda cá merda? Seica son menos contaminantes? Ainda que feder, feden.

Miñas donas, meus señores, Bolasfeden non lles é o nome dun xogador  suplente da selección alemana ou da holandesa. Bolasfeden é o nome que damos aquí a un corpo esférico de calquer matéria que ademáis fede, é dicer,  lanza mal cheiro. Ademáis, en galego feder non só é o Fundo Europeu de Desenvolvimento Rexional(FEDER), mas tamén algo que causa aborrecimento, enfado,  e acaba por se tornar inaturábel.

EDAR

A infraestructura implantada no sistema da ría de Cedeira, onde desemboca o Condomiña desemboca o río Condomiñas conta cun EDAR que no  2009, segundo o Informe de Sostenibilidade Ambiental do Plan Auga estaba “plenamente funcional” e, tamén na altura, 6 puntos de captación que en total fornecen a 8.007 personas, 2 bombeos, 6 depósitos de armazenamento,  1 ETAP e 59 treitos de redes de distribucióne  conduccións que suman até 55,5 km de encanamento.

Punto limpo e estación depuradora de augas residuais (EDAR)

Informe de Sostenibilidad Ambiental del Plan Auga
Informe de Sostenibilidade Ambiental do Plan Auga

O deterxente tanto limpa que contamina

IMG_1801Que o alcalde declare en comunicado de prensa que está a procurar alternativas ao que non é un feito aillado senón algo recorrente é mesmo estrano.Como dicen, por iso cobra, para buscar alternativas. Portanto, o que resulta estrano son os procedimentos e o que se dí. Que en pleno mes de xullo o alcalde se teña encomendado ao tempo atmosférico estival para que os abocamentos pasaran desapercebidos malia non seren un feito aillado. O problema non é novo e cada ano vai a máis cando o tempo non é propicio, o que  provoca que estas  bolas e augas cheguen ao mar e, portanto, podan provocar danos na flora e na fauna da zona e poñer en perigo a saúde das persoas aque aquí viven todo o ano e as que nestes meses frecuentan as zonas costeiras. Non nos referimos á obviedade de que o alcalde procure alternativas porque é de supoñer que non lle gosta ver rente ao río na súa casa  boliñas de graxa ainda que estas sexan de recendente xabón aboiando entre a xebra. Porque esas foron as palabras que escolleu: graxa, xabón e deterxente. Entanto Aguas de Galicia  garda silenzo, o alcalde adícase a tirarlle ferro á situación dando a entender que as bolas de graxa, xabón e deterxente son menos alarmantes que as de merda-merda. Ao desviar a atención dos resíduos fecais cara a graxa, o xabón e os deterxentes pode mesmo producir o efecto contrario ao desexado, que non é outro que un intento de restarlle importancia.

O caso é que as bolas de graxa acaban de xuntarse ao sábrego para amasar, a máis de xabóns e deterxentes que conteñen fosfatos,  os residuos fecais disoltos na auga. Calquera estudante de bacharelato sabe que a creación de novos deterxentes sen fosfatos alimentaron a idea de que os problemas medioambientais derivados  se irían eliminando aos poucos.  Mas a realidade é ben outra: a eutrofización é un fenómeno espallado, que non se pode producir sen fosfatos e o seus sustitutos non son menos contaminantes (zeolita). Polo só feito de empregar a cantidade de deterxente sintéticos  prodúcese a escuma nas plantas depuradoras, toxicidade nos agros cultivados, no medio acuáticos, perturbación da sedimentación, efectos no chan e  no desenvolvimento das algas. Na práctica científica experimental, tense comprobado que todos os deterxentes son perxudiciais para os seres vivos,  se ben os que teñen fosfatos producen no medio problemas mais graves co paso do tempo, podendo chegar a un cambio radical no ecosistema.  Os deterxentes mudan a coloración da auga até facela verde opaca. Con 0,5 ml de deterxente nun acuario de vinte litros acábase coa vida dun animal acuático. A grande escala, pode acabar on milleiros de individuos e subsituir o medio. Os fosfatos actuan como contaminantes xa que unha vez no rio ou na ria provocan un crecemento das algas que impide ao oxíxeno chegar aos peixes e ao resto de vida acuática (eutrofización).

IMG_1781A suficiencia derivada das análises microbiolóxicas da Consellería de Sanidade debería preocuparnos porque unha vila que se presenta como sendo de interese turístico debería aspirar á excelencia da salubridade das súas augas nunha contorna onde non hai grande concentracións de industrias nen de restaurantes que expliquen a natureza dos vertidos agás una infraestrutura inadecuada, insuficiente ou mal xestionada. A subida das temperaturas tamén non axuda cando hai exceso de graxa, xa que a acumulada nos canos acaba por desprenderse e facer “bolas” que entullan e non deixan fluir o tránsito normal das augas suxas. Sabido é que a concentración de restaurantes e de persoas  de xeito estacionario poden aumentar de xeito exponencial a cantidade de litros e aceites usados que nunha vila onde  non existen instalacións de reciclaxe e a depuración é deficiente, a  mairoría acaban nos sumidoiros e, polo tanto, no Condomiñas e na ría.  Cómpre lembrar o capítulo dos Simpson onde se recollía a graxa da escola. Reciclan o aceite sobrante os restaurantes, cales son as prácticas da poboación fixa e poboación estacional ao respeito? Que está a facer Augas de Galicia? E o concello de Cedeira, pensou implicarse algures no desenvolvemento de campañas de senbilización e de implicación explicando que son e que efectos teñen os productos que se introducen na sociedade e sobretodo, dar información sobre o proceso de extracción dos residuos, que depura e como depura a EDAR , como guindalos e onde deitalos?  Sabían que a recliclaxe de aceites usados permite xerar biodiesel?. Un outro poblema é o uso indiscriminado de panos (wipes), unha moda que foi a máis e que crea problemas en toda parte cando son guindados polo vater porque  poden chegar a entullar as depuradoras xa que a graxas  deposítanse devagar na curvas e puntos de conexión dos sumidoiros. Os panos  axudan a solidificar a graxa até acabar xerando grandes bolas de entullo, moi difíciles de disolver.

Mesturar augas pluviais e residuais

No que vai de ano xa van alomenos dúas veces que a rede unitaria que mestura augas pluviais e residuais  xera problemas. Sorprende que, sabéndose  a vulnerabilidade da estación de bombeo e todas estas posibles causas coadxuvantes, a administración de Luís Rubido estivera  a velas vir todo que vai de lexislatura. Á imprevisión da desfeita da praia e á intervención das pás en plena reserva pequeira súmaselle agora unha nova xeira de vertidos de depuradora. Un modelo que non atende ao ciclo da auga e do saneamento e que está alicerzado na opacidade en conta de facelo na participación cidadán.  Nun contexto económico límite para os concellos pódese permitir o alcalde de Cedeira non defender os intereses dos cedeireses? Estáselle a exixir a Augas de Galicia o cumprimento das súas funcións ambientals e sociais mesmo através dos tribunais de xustiza? Pensouse en promover ecoauditorias como instrumento de avaliación dos usos da auga tanto nos equipamentos sociais como no sector servizos como recomenda o “Informe de sostenibilidade ambiental do plan auga”?. E haberá mesmo que se console pensando que non coñecen a Bolasfeden ou que entre o establishment hai piores augas fecais. Viva o sistema ! Vivan as bolas.. e o futbol!

Ao mellor tamén che interesa:

A crónica contaminación do Condomiñas

Máis que villa, Porcavilla

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: