Kiko da Silva, un dos referentes da banda deseñada galega e director de O Garaxe Hermético de Pontevedra,vén de gañar a 9ª edición do Premio Castelao de Banda Deseñada. “O inferno do debuxante” narra a angustia e desasosego dun creador que non chega a publicar obra porque sempre hai quen a publicara. O premio concedido pola Deputación da Coruñ é de 6.500 euros máis a publicación da obra.