off
Ciencia, Música — 30 Xuño, 2014 at 11:13 a.m.

A música de Beethoven mudaba conforme avanzaba a xordeira

by

Que Beethoven sufría xordeira é ben coñecido, pero como é que a progresión da doenza  afectaba a súa composición? 


 

Investigadores holandeses publicaban na revista ‘British Medical Journal’ (BMJ) un estudo que chega a esa conclusión: a medida que a xordeira de Beethoven avanzaba a súa música ia mudando.

 ”As frecuencias que pior escoitaba  ian sendo menos utilizadas” 

Logo de analisar várias partituras e escoitar rexistros fonográficos, o tipo de notas e a instrumentación  chegaron á conclusión que a súa patoloxia parece ter influido na súa arte. Ao comezo, a perda de audición atinxiu as notas máis agudas. Porén, a medida que o silenzo avanzaba, Beethoven tendía a empregar as notas máis baixas e medianas

British Medical Journal exprime as conclusións deste estudo no vídeo “A xordeira de Beethoven e os seus tres estilos”, onde o cuarteto de cordas Isolo demostra como o seu estilo cambiou co paso do tempo:

[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=3_LTw7EQoAg[/youtube]

 

Para saber máis:

http://www.bmj.com/content/343/bmj.d7589.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off