off
Galiza, Historia, Movementos sociais — 28 Xuño, 2014 at 10:39 a.m.

Documentario da proclamación da República Galega en xuño de 1931

by

O documentario de Bernal Rúa, que recolle a interpretación dos historiadores Uxío Breogán Diéguez e Xerardo Dasairas,  pescuda “a estreita relación que hai entre a proclamación do Estado Galego en 1931 e o movemento obreiro, que daquela era unha forza emerxente, moi cativa, en comparanza cos labregos/as. Hoxe non se pode pensar en ningunha transformación, aínda a máis pequena, sen ter en conta á clase obreira, xa que é maioría social no noso país, e máis organizada para alén da burguesía”.

“Fagamos a revolución na rúa e por todos os medios…A verdadeira vontade galega, verdadeiramente revolucionaria, ainda non deixou sentir a súa voz” Antón Alonso Ríos                                                                                                        

O pasado abril, hai oitenta e tres anos proclamábase, en varios lugares de Galiza, o Estado Galego, ao abeiro da conflitiva situación do momento: agromar da Segunda República española e das arelas de liberdade das nacións oprimidas da periferia, e da folga dos obreiros contratados para a construción da vía Zamora-Ourense-A Coruña. A República proclamouse o 14 de abril de 1931.

“Proclamando a nosa independencia e abrazando, se fai falla, agarimosamente a Portugal” Antón Alonso Ríos

Manifestación e asemblea popular en Compostela, 12-06-1931
Manifestación e asemblea popular en Compostela, 12-06-1931

“A proclamación daba conta do estado de ánimo da clase obreira do momento e albiscaba o vieiro da soberanía do país, que acabou por aprobar de xeito masivo o Estatuto de Autonomía en 1936 que xa fora refrendado no 32 pola meirande parte dos concellos galegos”, afirma Uxío Breogán Diéguez

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off