off
Ciencia, Medio ambiente, Natureza — 22 Xuño, 2014 at 8:36 a.m.

Campus do Mar trata de facer visible a I+D universitaria relacionada co eido mariño

by

Campus do Mar visibiliza a I+D universitaria relacionada co eido mariño.  “Eu aprendo sobre… as rías”  explícanos como se formaron, de onde xorde o nome de ría, os sectores da súa explotación económica, a xestión sostible, a ocupación do territorio lindeiro ou os efectos da contaminación


 

Ollaparo_Rias_gal1O volume recolle coñecementos básicos sobre as rías galegas a través das achegas de oitos investigadores das universidades e centros de I+D ligados ao Campus do Mar. Eu aprendo sobre… as rías  é resultado dun curso organizado o pasado ano para achegar a investigación realizada ao abeiro do Campus de Excelencia a docentes e estudantes non universitarios.

A primeira das curiosidades coa que arranca o libro é a orixe do termo rías, acuñado por Von Richthofen en 1886

No seminario os expertos afondaron na importancia das rías dende as súas respectivas disciplinas pero sempre cun punto de vista didáctico que agora se transmite ao libro, que debe servir como ferramenta ao profesorado para traballar na aula cos seus alumnos.

O  primeiro capítulo explica os factores que determinan a existencia e creación das rías, como os estudos dos sedimentos axudan coñecer a evolución das mesmas, as diferenzas con outros accidentes xeográficos como os fiordes ou o impacto da actividade humana nas rías.

No segundo capítulo explícase o seu funcionamento para que os estudantes coñezan de onde e como chega a auga ás rías, as diferenzas entre as rías altas e baixas, cando son máis fértiles, os niveis de produtividade, etc.

O terceiro tema ocúpase xa do papel do ser humano, en concreto, da ocupación das contornas das rías, onde se acumula unha alta densidade de poboación. Nesta parte explícase cal foi evolución histórica destas poboacións, cales son as singularidades deste terreo, a demografía, as actividades económicas máis representativas como o naval, o marisqueo, o turismo ou pesca e achega tamén consellos e erros pasados para unha mellor ocupación futura dos territorio das rías.

O libro está dispoñible para a súa descarga de balde en formato pdf e libro electrónico na web do Campus do Mar.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: