off
Galiza, Movementos sociais, Traballo — 21 Xuño, 2014 at 8:41 a.m.

A manifestación convocada polas Marchas da Dignidade rodea o Parlamento

by

Sábado reivindicativo. AGE e BNG anunciaron que apoian a mobilización promovida pola Plataforma Galega das Marchas da Dignidade.


 

A mobilización Rodea o Parlamento para esixir “Pan, traballo e teito” e  reclama dos poderes públicos “novas políticas que resolvan a grave situación que están a vivir amplísimos sectores populares de Galicia”, comezando pola esixencia do “dereito a poder comer, o dereito ao traballo digno e o dereito a unha vivenda”,coincidirá con accións semellantes ante os restantes parlamentos do Estado. o manifesto que acompaña a convocatoria  chega poucos días despois de que o Bloque tamén arrodease a Cámara.

A marcha partirá da estación do tren de Compostela ás 12 horas, saíndo da avenida de Lugo, seguindo pola rúa do Hórreo, rúa Ramón Piñeiro, volvendo á avenida de Lugo para  rematará por volta das 13 horas na Rotonda da mesma avenida  coa lectura do manifesto

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off