off
Politica espanhola — 19 Xuño, 2014 at 8:50 a.m.

A policía española vixilará a presenza de bandeiras republicanas

by

A Lei Corcuera (PSOE) sírvelle ao goberno español para que os axentes impidan o paso a cidadáns antimonárquicos para evitar “perturbacións”


Segundo explicaron  fontes politiciais a Europa Press, a dirección xeral da Policia estatal consultou co gabinete xurídico e concluiu que os axentes poden decidir, con discrecionalidade e en cada caso, se impiden o paso a persoas que leven símbolos republicanos ou que confisquen estes símbolos. Só precisan basearse na lei sobre protección da seguranza cidadán aprobada o ano 1992 , a chamada  ‘lei Corcuera’, a do nome do ministro do PSOE que a impulsou.O feito de que hoxe se teña prohibido que haxa unha só bandeira republicana en todo o percorrido deseñado é dificil de entender. Incomprensibel, moi “campechano” e vestido de militar, mal comezamos. No entanto,un  cento de voluntarios do Concello de Madrid repartían bandeiras de España no percorrido da desfilada real. A Policía impídelle a Pedro Armestre, fotógrafo gañador do último premio Rey de España de Xornalismo, cubrir a coroación de Filipe de Borbón. Tamén seica por razóns de  “seguridade” (en El Diario)

Ao mellor tamén che interesa:

Xuices pola Democracia oponse a que o rei siga como aforado

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off