off
Cedeira, Política local — 19 Xuño, 2014 at 11:38 a.m.

A improvisación do goberno Popular de Cedeira

by
No pleno extraordinario celebrado onte no Concello de Cedeira tratouse a aprobación de crédito extraordinario (aplicación do remanente de tesourería para gastos xerais de 2013 que conta co informe desfavorabel do interventor e  a secretaria municipal ); a modificación ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenzas urbanísticas, comunicación previas e outros servizos urbanísticos; o cambio de uso de terreo dotacional en Avda. de España, 70 e a proposta conxunta relativa á execución da obra de rehabilitación do casco vello.

En comunidado de imprensa  o BNG vén de informar que votou en contra e acrescentou que o último é en realidade un acordo para que a empresa que executou as obras da Vila Vella en tempos do alcalde Vergara (PSOE) proceda arranxar as partes seriamente estragadas.  Para  Rodriguez,  o caracter  extraordinario dos tres primeiros temas  é  “una mostra máis da improvisación e inconsciencia deste goberno”.
O primeiro , o uso do remanente da tesourería para gastos xerais ten informe desfavorable da intervención onde fala de posible ilegalidade, xa que para usar o remanente para gastos xerais o Concello ten que cumprir os prazos de pago a debedores, é dicir a morosidade non pode pasar de 30 días e aquí están tardando 49 días. Un despropósito que conta co informe desfavorabel do interventor e  a secretaria municipal pois argumenta que o Concello incumpría a normativa de morosidade – o período de  pagamento a fornecedores supera xa os 40 días cando a lei fixa 30 días . Porén, o goberno de Rubido  teima en adicar o remanente de tesourería a gastos xerais. Unha decisión electoralista – as eleccións municipais serán en maio de 2015- que soa a salvar a imprevisión amosada até o de agora xa que dos 1,2 millóns  600.000 euros serán destinados ao mantemento de camiños e viais, 150.000 á ampliación da rede se saneamento; 60.000 para parques e xardíns; 50.000 para alumeado e  90.000 para conservación de patrimonio e  250.000 a conservación medio ambiental e de seguridade vial.
Rubido prevé adicar agora  un cuarto de millón de euros a conservación do medio cando a praia da madalena sofre, inverno após inverno,as consecuencias da imprevisión deste goberno por non aplicar as mínimas medidas preventivas
En canto á modificación ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenzas urbanísticas, comunicación previas e outros servizos urbanísticos, o goberno local  fai una ordenanza fiscal que para o BNG  “só ten afán recaudatorio sen ter feita una normativa previa”.
No cambio de uso, o solar ao que se refiren é onde están as pistas ao pé do pavillón de deportes, agora estaban para uso de servizos sanitarios. Cómpre recordar, afirmou María Xosé Rodríguez , que alí era onde se pretendía facer outrora, e o que se pretende é volver a darlle uso deportivo .  Para o BNG, que votou en  contra,  o pouco que había era un primeiro paso para  intentar facer o tan reclamado e necesario centro de día. Rubido  vai a salto de mata, “sen ningunha política de continuidade encamiñada ao ben común, entre o desleixo con respecto ao centro día ou o centro de saúde”, afirmou.
Rubido di ter unha  proposta de ubicación para un novo centro de saúde que, de feito, é o único solo público que ten o Concello, tanta é imprevisión: nas traseiras do campo de fútbol. Para alén da súa ubicación, o BNG defendeu que o que se precisa son a dotación de servizos que agora non hai no actual centro  e non facer unha proposta de cara á galería, unha proposta sen máis sustancia que a propagandística agora que non hai tempo material  para tiralo adiante nesta lexislatura.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off