off
Politica espanhola, Traballo — 17 Xuño, 2014 at 4:30 p.m.

O goberno español baixará o IRPF a todas as rendas, tamén as máis altas

by

Confirmoullo hoxe o ministro de Facenda e Administracións públicas, Cristobal Montoro aos sindicatos UGT e CCOO 


A reforma fiscal que aprobará o PP esta sexta feira suporá unha rebaixa do IRPF en todos os tramos, quer dicer, tanto as rendas baixas como as máis altas. Confirmoullo Montoro aos sindicatos españois  UGT e CCOO logo dunha reunión que se enmarca na rolda de conversas que o goberno español está a manter tamén con  empresarios e autónomos para informar do proxecto de reforma fiscal.

 Cándido Méndez (UGT)  pensa que o goberno non tén previsto tocar os impostos do alcohol e tacaco, se ben entede que tén vontade de avanzar os impostos medioambientais referentes ás comunidades autónomas.

Contra a proposta, que pretende aumentar a recadación e recuperar o poder adquistivo dos traballadores , os dous sindicatos propoñen subir os salarios, baixar o IVE  dos artigos de primeira necesidade e aumentalo nos de luxo. Ademáis, propoñen loitar contra o fraude cun aumento de persoal da Axencia Tributaria,xa que a mediana do estado de traballadores públicos de AEAT é de 60 empregados por cada 00.000 habitantes, inferior aos 130 traballadores por cada 100.000 habitantes que hai en Europa.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off