Confirmoullo hoxe o ministro de Facenda e Administracións públicas, Cristobal Montoro aos sindicatos UGT e CCOO
A reforma fiscal que aprobará o PP esta sexta feira suporá unha rebaixa do IRPF en todos os tramos, quer dicer, tanto as rendas baixas como as máis altas. Confirmoullo Montoro aos sindicatos españois UGT e CCOO logo dunha reunión que se enmarca na rolda de conversas que o goberno español está a manter tamén con empresarios e autónomos para informar do proxecto de reforma fiscal.
Cándido Méndez (UGT) pensa que o goberno non tén previsto tocar os impostos do alcohol e tacaco, se ben entede que tén vontade de avanzar os impostos medioambientais referentes ás comunidades autónomas.
Contra a proposta, que pretende aumentar a recadación e recuperar o poder adquistivo dos traballadores , os dous sindicatos propoñen subir os salarios, baixar o IVE dos artigos de primeira necesidade e aumentalo nos de luxo. Ademáis, propoñen loitar contra o fraude cun aumento de persoal da Axencia Tributaria,xa que a mediana do estado de traballadores públicos de AEAT é de 60 empregados por cada 00.000 habitantes, inferior aos 130 traballadores por cada 100.000 habitantes que hai en Europa.