off
Economía, Europa — 16 Xuño, 2014 at 12:01 p.m.

España entre os paises da UE que menos impostos recada

by

Mentras a mediana nos paises da zona euro é do 40,4% ou do  39,4% de toda a UE, o estado español ten unha presión fiscal do  32,5% do seu Produto Interior Bruto (PIB)


A oficina europea de estatística (Eurostat) vén de publicar os rexistros que mostran  mais unha vez que malia o aumento de impostos, os ingresos por este concepto son os máis baixos de toda a UR xunto a Irlanda, Letónia e Portugal. Pola contra,   Italia (44% ) ou Grecia (33,7%) ingresan máis ca o estado español en referencia ao PIB. O país que máis ingresa en termos tributarios en relación ao tamaño da súa economía é Dinamarca (48,1% do seu PIB). Porén, malia estes datos, o goberno de Rajoy está a argallar unha reforma fiscal que insire rebaixas de impostos (posibelmente o IRPF). O xornal Praza publica esta mañá que o “Estado volve desmentir a Feijóo e constata os recortes sanitarios en Galicia. Xa veremos por onde soergue o PP o “estado do benestar”. Privatizando servizos e empresas públicas.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off