off
Medio ambiente — 12 Xuño, 2014 at 10:51

O Manifesto de Nostián reclama a recollida separada de lixo na orixe

por

ADEGA, 15M de Monte Alto,CCOO,Greenpeace, Verdegaia, Liga Estudantil Galega,Zocamiñoca,Rede de Dereitos Sociais, Comités Arquitectos Sen Fronteiras, Fronte Cívica ,CIG, UGT, Proxecto Integral, FEG (Federación Ecoloxista Galega)  instan ao  Concello e da Coruña e aos responsábeis da planta de Nostián a millorar a taxa de reciclaxe.


Segundo recolle o Manifesto a responsabilidade desta situación non fica na cidadanía, senón nos axentes encargados: a administración pública responsábel da xestión: o concello de A Coruña e o Consorcio das Mariñas, xunto cos restantes concellos da área metropolitana;a empresa de recollida do lixo na Coruña e no Consorcio: CESPA; a empresa que xestiona a planta de Nostián: Albada(Grupo Urbaser).

Recollida separada

Nostián

Nostián (A Coruña)

A recollida separada en orixe é imprescindible para que a planta poida acadar bos resultados de recuperación e reciclaxe. a participación cidadá e os resultados foron diminuíndo ao longo dos últimos dez anos. Unicamente a recollida de vidro (57% en 2011) pode considerarse medianamente satisfactoria, mentres que a recollida separada de papel/cartón, con só o 19% das cantidades xeradas, danos unha clara idea da actual situación. O contedor verde captura menos do 40%  dos residuos orgánicos, e faino ademais cunha calidade insuficiente, pola alta porcentaxe de impropios que contén en moitos dos ámbitos de recollida.En todo o ámbito de Nostián conseguiuse reciclar o 13,4% dos residuos (2011) , unha cifra superior ao 8,2% do ámbito SOGAMA, pero moi inferior ao 35,7% do ámbito da planta comarcal do Barbanza, e sobre todo, moi inferior ao 80% de reciclaxe que están a alcanzar algunhas cidades e comarcas avanzadas, tanto no estado español como en Europa.

Impacto no mediombiente

As consecuencias da mala xestión de Nostián implican que estamos sendo responsables dun forte impacto medioambiental, tanto polo non aproveitamento dos recursos como pola contaminación que xeneran os residuos. E en segundo lugar estamos perdendo a oportunidade de xerar ata 500 empregos relacionados ca reciclaxe na comarca.

No documento instamos á todos os axentes a adoptar as medidas propostas como por exemplo, adoptar os cambios necesarios en Nostián para a elaboración de compost coa fracción orgánica recollida separadamente na orixe (contedor verde), esixindo da empresa o cumprimento das condicións da concesión e os obxectivos para os que foi creada a planta.

O modelo de xestión e a planta de Nostián seguen sendo válidas sempre e cando se reforce a recollida separada na orixe. Ademais, consideramos que actuacións complementarias tais como a compostaxe doméstica ou de mellora como a recollida porta a porta (que permite acadar porcentaxes de recuperación do 80% ou máis naquelas áreas onde se implanta) reforzarán a súa viabilidade.

Manifesto conxunto NOSTIÁN SOLUCIÓN

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: