O certame “FICCVelo rural cinema” procura a “divulgación e exhibición de curtametraxes documentais e de ficción, cunha temática relacionada co medio rural e coa recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo. “Un espazo de encontro e lle dea proxección exterior á alta concentración de talento creativo pasado, presente e futuro, en diferentes disciplinas artísticas, que existe nesta zona de Galicia” . O encontro alicérzase no visionado de curtametraxes de ficción e documentais, sobre o mundo rural, e organizado polas asociacións Lareira Pop e Arraianos. Os seus directores deron a coñecer onte a relación dos cinco finalistas en cada categoría a concurso.
Esta iniciativa procura tamén que a comarca das Terras de Celanova ocupe o lugar destacado que lle corresponde como referente e artístico contemporáneo
Documentário
Finalistas: Hijos de la Tierra, de Patxi Ruiz; Trazos en la Cumbre, de Alejandro Victorero; Espés, de Tànit Fernández Ciria e Isaac Rodríguez; La selva invisible, de Albert Pérez e Concejo Abierto, de Carmen Comadrán.
Ficción
Finalistas: Epitafios, de María Ballesteros;Porsiemprejamon, Ruth Díaz; Mi ojo derecho, de Josecho de Linares; Al otro lado, a cargo de Alicia Albares; eTrío de Ases, de Virginia Valderve e Javier Gallego.