off
Movementos sociais, Politica espanhola — 11 Xuño, 2014 at 12:09 p.m.

BNG e ERC defenden o dereito a decidir no debate da lei de abdicación 

by

o 88% do  Congreso aprova a lei de abdicación.  A norma pasou con 299 votos a favor, 19 en contra e 23 abstencións. Ningún galego entre os dous deputados socialistas que romperon coa disciplina de voto agás a ausencia da deputada socialista Paloma Rodríguez, que non quixo participar na votación. Amaiur liscou do hemiciclo. ERC e BNG aproveitaron a suas emendas á lei orgánica para revindicar o dereito a decidir.


A deputada do BNG, Olaia Fernández, defendendo a emenda e o dereito a decidir
A deputada do BNG, Olaia Fernández, defendendo a emenda e o dereito a decidir

O BNG defendeu un texto alternativo á lei orgánica que regulará a abdicación do rei no que recolle  que no prazo dun mes dende entrada en vigor da norma, organizará unha consulta para que se submenta a “decisión democrática” a nova organización do Estado. Para a formación galega aprovar este texto seria  “o inicio de procesos constituintes onde se recoñeza as nacións que integran o Estado español o dereito de autodeterminación e a súa condición de suxeitos con plena capacidade de soberanía para decidir sobre o seu modelo político e institucional”.

O nacionalismo non abalou na altura o que considera un fraude democrático, posición que coherentemente hoxe volve manter. A monarquía encarna a transición deseñada e executada dende os poderes do rexime ditatorial  e é alén dun paradigma antidemocrático  un modelo obsoleto cuestionado por amplos sectores da sociedade”.

Esa modificación atinxe para o Bloqua non só a Xefagura do Estado mas o recoñecemento explícito da “soberanía das nacións e o seu dereito a decidir. Pola súa banda, ERC pediu a devolución do proxecto de lei do Goberno que permitiu abdicación de Xan Carlos I  porque non puede asumir que o xefe  do  Estado  sexa hereditario e non por vontade popular.

O bipartidismo renova o seu compromiso co pacto constitucional de 1978 e cun monarca que aceptou os “principios del Movimiento”. PP e  PSOE aproveitaron o recambio monárquico para cenificar o seu entendimento en temas clave para o futuro imediato.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off