off
Imprensa, Politica espanhola — 6 Xuño, 2014 at 6:38 a.m.

Brincadeira real censurada na capa de El Jueves

by

Ao parecer a Coroa enmerdada non fai boa portada. A matriz empresarial da editora RBA decidiu censurar a capa de El Jueves  cando ían distribuidos 60 mil exemplares que foron retirados. Parece que se está a escachar algo máis cá o “consenso constitucional do 78”.


A portada censurada  do humorista  Fontdevila mostraba ao monarca abdicado cunha pinza no naríz traspasando unha  coroa enmerdada ao rei posto. Alguns dos colaboradores xa anunciaron que valoran deixar  a publicación. Logo deste desatino a Casa Real xa non volverá ser tema da capa de El Jueves’. Iso é o que veñen de expresar en  declaracions a ‘El matí de Catalunya Ràdio’. “RBA díxonos que xa non poderían volver a tirar o tema da Casa Real nunca máis na portada” Fontdevila acrescentou que as “decisións” tomadas esta semana “mudarán” ” ‘El Jueves’, que pasará a ser outra revista. Monteys, tamén colaborador da revista, precisou que a  consigna foi que abdicació do rei “non era un tema tan importante”.

Ollaparo_-captura

El-Jueves_Ollaparo20140605_capas

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off