off
Literatura — 4 Xuño, 2014 at 11:48 a.m.

Carlos Labraña volve gañar o premio de teatro da Asociación Cultural O Facho

by
Foto:Galipedia
Carlos Labraña. Foto: Galipedia

Por segundo ano consecutivo o cedeirés Carlos Labraña gaña o premio de teatro da Asociación Cultural O Facho. Na nómina de gañadores deste premio, quer en narrativa, quer en poesía, quer en teatro, constan moitos dos escritores máis importantes da nosa recente historia literaria, como Carlos Casares, Bernardino Graña, Dora Vázquez, Manuel Lourenzo, Manuel Rivas, Pilar Pallarés, ou Miguel A. Fernán Vello. Carlos, que no 2013 gañara o concurso coa obra “O espantallo”, recibe agora o premio cunha inxeniosa obra, crítica coa situación actual, desenvolvida en clave de teatro para nenos/as intitulada  “Moito morro corporation Sociedade Ilimitada”. No xurado figuraban destacados personaxes do mundo literario, como Manuel Lourenzo, Carme Martínez Mosqueira e Rubén Ruibal. Parabéns ao autor e a Cedeira.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off