off
Movementos sociais, Política — 3 Xuño, 2014 at 6:58 a.m.

Concentracións polo fin da monarquía e a favor da República Galega

by

O sistema enfornado no franquismo enrócase. Ese é o sentido da “abdicación” e da mensaxe enlatada do abdicado: proceso constituinte á medida deles. A presa deriva de que a sucesión teña a maioría de dous terzos que exixe o Congreso e que PP e PSOE xa non son garanten reeditar após a elección xerais de 2015  e o ascenso do voto republicano español de IU e Podemos.  As europeas aceleraron o recambio a través da abdicación pactada na que decidiron por nós.  Xa veremos para que serven as eleccións municipais. No entanto, facilitar o enrocamento  bourbonico é o favor que o  bipartidismo de estado se fai así mesmo e á monarquía aferrándose a unha “segunda transición” que queren “atada e ben atada” sen que medie un proceso constituinte que teña en conta ao pobo, quer dicer, que se consulte aos cidadáns que modelo de estado queren: máis do mesmo, unha republica española ou unha república galega.

Cómpre estar á espreita de como empaquetan agora a blindaxe xudicial de Xan Carlos no proxecto de lei de sucesión . Atentos tamén a Gómez Besteiro  (vía ) que, desmarcándose de Rubalcaba (será por iso que non dimitiu, para controloar o PSOE no proceso de abdicación?)  vén de defender  unha “reforma constitucional”  

A abdicación prende lume no republicanismo galego. Milleiros de persoas portando bandeiras galegas se concentraron en diferentes cidades e vilas do país

Saudade: ondea algunha bandeira galega republicana nas fiestras e balcóns de Cedeira?

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘flash'”]

 

 

 

Fonte:GZ VideosVigo, 2/6/14

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off