off
Politica espanhola — 2 Xuño, 2014 at 10:06 a.m.

A abdicación do Rei é a resposta do sistema para non mudar (análise express)

by

A abdicación do Rei é a resposta do sistema: un recambio para non mudar. Somos republicamos e non imos caer na tentación de sentir eufóricos. Mesmo hai elementos para o desasosego xa que a abdicación é un acto arbritario  que non implica a decisión da maioría parlamentaria. Ademáis, semella que o recambio, o primeiro descendente home do rei,  será proclamado de xeito inmediato.

Vén de comunicalo Mariano Rajoy. O Rei de España, Xan Carlos I renuncia a favor do seu fillo  Filipe VI. A abdicación é sintomática, agora que o sistema está máis cuestionado ca nunca, co devalo do bipartidismo, corrupción a esgalla dende o Congreso até a Zarzuela, a banca intervida, o sistema de caixas galegas esfolado, as institucións do Estado sen credibilidade ningunha. A abdicación do Rei é a resposta porque o monarca cazador (presidente da organización ecoloxista WWF), resistiuse até o 25M, data na que tremeceu o poder no que acubilla a monarquia dende a ditadura ( as oligarquías político económicas que soerguen o bipartidismo de estado). Un poder oligárquico que tira do desfibrilador  familiar para salvar o sistema das “ameazas” externas e internas.

Operación de resgate e panexíricos

Os vindeiros dias desabarán a eito panexíricos do monarca  saínte. A crise desaparecerá dos medios, ouviremos palabras de louvanza á figura do entrante. E esta será a marca  impoluta que nos ofrecerá o sistema para salvarse a si mesmo e para  nos facer esquecer a desfeita do PP-PSOE, a Transición, a opacidade dunha institución extemporánea, os escándalos do abdicante e  do xenro Urdangarín (caso Nóos) .

As frases

“O castelán nunca foi língua de imposición (“5 de marzo del 1990, II Congreso Internacional de Historia da Lingua española (Sevilla)

“Por que non te calas!” (mandando calar  alporizado  a un xefe de Estado extranxeiro en plena conferencia interncional)

Mobilizacións

Galiza pola Soberanía está a facer convocatorias pola República Galega. Convócanse  manifestacións ás 20 horas  pedindo a convocatoria dun referendo para decidir sobre a sucesión de Filipe VI e a forma de Estado. Na Coruña será no Obelisco.

En Compostela, no Toural.

En Ferrol, na Praza de Armas.

En Vigo, diante do MARCO.

En Ourense ante Subdelegación do Goberno.

En Lugo ante a Subdelegación do Goberno.

En Pontevedra na Praza da Peregrina.

Algúns títulos para lermos

La Cruz y la Corona. Las dos hipotecas de la Historia de España, de Gonzalo Puente Ojea
Hasta la coronilla. Autopsia de los Borbones, de Iñaki Errazkin
¿Por qué no te callas, Borbón?, de varios autores
Jaque Mate, de Andrés Vázquez-Sola

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off